Saltar ao contido principal

Arte en Normandía

Esta é a praia de Arromanches. Bonita, verdade? Chamada en clave "Gold Beach" polos aliados, foi unha das cinco praias nas que tivo lugar o Desembarco de Normandía, na madrugada do 6 de xuño de 1944. Nela vense aínda os restos dos bloques que, levados en barcos-remolque polos aliados, serviron de porto improvisado para desembarcar material durante a famosa invasión.


O pasado día 21, Día Internacional da Paz, ademais de praia e escenario da Historia, tamén se converteu nunha obra de arte. A idea consistía en sementar a praia de siluetas humanas, recreando a imaxe de 9.000 corpos abandonados e tendidos sobre a area


O método foi absolutamente artesanal, natural e limpo. Fixéronse modelos con siluetas en diversas posicións, e despois removíase a area coa axuda de angazos para darlle un ton e aparencia diferente.


Para lograr as 9.000 siluetas, Wardley e Mors, dous artistas británicos, chamaron por 60 voluntarios. Pero o éxito da idea foi tal que máis de 500 persoas acabaron reunidas sobre a praia, pedindo participar. Entre elas había veteranos de guerra e moitos familiares de vítimas caídas aquel día ou na batalla.


As homenaxes non se miden en cartos, senón en sensibilidade. Por iso non fixo falta formigón, nin bloques de granito, nin mamotretos de mal gusto. Ademais non era unha ocorrencia, senón unha idea. A idea artística consistía en que a propia marea, ao subir, acabase engulindo os corpos como símbolo das vidas que se perderon. Como aquel Día D sucedeu. 


The Fallen", Os Caídosnaceu, medrou e morreu en tan só catro horas e media
o tempo que tardou en chegar a marea e levalo todoos corpos, o traballo, as emocións...
Pero nunca a lembranza do que aquelas persoas tiveron que vivir.

Clic na imaxe, para ver e escoitar outra forma de homenaxe
"The Fallen is a reminder of what happens when peace is not present"
Andy Mors, Jamie Wardley

Comentarios

  1. Cristina García, vía Facebook30/9/13

    Q pasada!! Como m gustou esta idea, tanto como representación artística pero máis como recordatorio!!! De novo, xeitos d conocer Historia curiosos cando menos!!! Q gustazo debeu ser estar alí esas horas!! Buah! Case m atrevería a comparalo cun concerto d Bruce!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois case se podía levar o concerto de Bruce alí mesmo. O lugar o merece. As vítimas e os artistas o merecen. E 4 horas e media, que é o tempo que tardou en subir a marea e completar a obra, vén a ser o que dura ultimamente un concerto do Boss...

    ResponderEliminar
  3. Moriarty, vía Facebook1/10/13

    En dúas palabras "im presionante" xD

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...