Saltar ao contido principal

7 almas

Hai pelis que buscan tocar as emocións. Esta é unha. Agárrate.
Clic na imaxe!


Como un recordo da nenez pode axudar a cambiar radicalmente a vida de 7 almas?
A que vén esa carreira por atopar 7 persoas en apuros, sen unha segunda oportunidade?
Por que esa mirada triste e nostálxica, como se a vida fose un peso insoportable?
Que razóns pode haber para trazar un plan así?

"Seis mil millóns de persoas no mundo. Seis mil millóns de almas...
E a veces só necesitas de unha"

Comentarios

  1. PaulaLó20/10/13

    Esta película es innegablemete increíble. Todos los factores hacen que ésta sea un verdadero peliculón. Una vez más, uno de los facores clave es la grandeza con la que Will Smith transmite los sentimientos, como nos eriza la piel, como sentimos su mirada atravesándonos, este hombre logra hacernos sonreír, llorar, estremecernos, perdernos e incluso asombrarnos de nuevo con su gran trabajo. Luego el guión, dios mío, es una historia que lo dice todo, que transmite todo! Engancha quieras o no, tiene un comienzo fulminante e imposible de olvidar: " -911 emergencias. +Necesito una ambulancia. -En el 9212 de la tercera oeste, en los Ángeles. +Habitación 2. -¿Cuál es la emergencia?. +A habido un suicidio. -¿Quié es la victima?. +YO"
    Es un guión que encierra sentimientos, verdades, que encierra la vida y lo que podemos llegar a hacer en un momento de locura.
    Es una pelí que me llegó al alma (nunca mejor dicho), y que vería una y otrs vez.

    Pd. Gracias por tus clases Miguel, sin duda eres un gran profesor y tus clases hacen que las mañanas sean más felices, y haces que recuerde un poco más como eran las cosas en mi antiguo instituto. Maravilloso tu blog :)

    ResponderEliminar
  2. Algunha vez se lle criticou a Will Smith as caras que pon nesta peli, ou esa mirada extremadamente apenada que mantén ao longo das dúas horas. A min paréceme que se non a tivera, esta historia non resultaría para nada crible. Como ti dis Paula, transmite. Fainos chegar perfectamente as emocións que tería calquera boa persoa no seu lugar: pérdida, culpa, baleiro, entrega, amor, sacrificio...

    Aparte de potente, é moi curioso que a peli empece con ese diálogo, verdade? Hai que estar moi seguro da calidade dun guión para empezar unha peli desvelándonos parte do seu final... Repito: parte! E por certo... Creo que ao director nada lle gustaría máis que escoitar dicir da dúa peli "que chega á alma". :)

    PD: Non sabes que ilusión me fixo este comentario Paula. Xa pagou a pena falar da peli. :) Moitísimas gracias: polo que pensas, e moi especialmente por dicirmo ou facermo chegar. Cando nunha clase non hai só esquemas, imaxes ou Historia, senón tamén pequenas doses de felicidade (un sorriso, un guiño, unha emoción, unha novidade, un reto, un xogo...), é sen dúbida porque todos nos sentimos a gusto nelas. Ti, vós, e tamén eu. Para un profe non hai nada mellor que unha clase con persoas contentas de estar nela. Así que tamén ti alegráchesme a mañá... En canto ao blog, este é un bo exemplo de que os comentarios son realmente os que o fan marabilloso. :)

    ResponderEliminar
  3. Sempre digo que o difícil das películas, da música ou dos libros é provocar unha emoción. Ben sexa unha boa risotada das que fan doer a mandíbula, un sentimento de "esta noite son capaz de ir a por TODO", unha ollada aos brazos vendo como se lle poñen a un os pelos de punta, ou notar ese nó na garganta que precede a uns ollos a piques de chorar. Da igual cal sexa. Emocionar de verdade, coa ficción, é realmente difícil. Por iso "Siete Almas" se che mete dentro, porque o consegue, e un non pode escapar de todas as sensacións que lle recorren o corpo ata moito despois de ter rematado a película. De repente un está con Ben/Tim correndo baixo a choiva, e humedécenselle os ollos. Ve como el chora, e nota ese nó na garganta do que falaba antes. Agarda con el a que a doutora lle de unha resposta á pregunta máis importante da súa vida, e entón, cando toda esperanza se converte nun número, nunha porcentaxe, desátase ese nó. E chora. O espectador chora con el de maneira inevitable.

    A vida non é facil sempre, e ás veces hai que buscar a fórmula pra darlle a volta ós problemas e pra derribar muros. Porque sempre hai unha fórmula, sempre, sempre... pero en ocasións, ademáis, un precisa axuda de xente boa, como Tim, pra descifrala. E a min, a xente boa, aínda me emociona.

    Grazas polas recomendacións, como sempre. :)

    ResponderEliminar
  4. No preciso instante no que P. tecleaba aquí as súas palabras e emocións sobre a peli de Will Smith, sen que PaulaLó (ver primeiro comentario nesta entrada) puidera imaxinalo, eu tiña nas mans unha selección de sete ou oito críticas do II Concurso CineHistoria, para elixir só tres. Entre esas sete ou oito estaba tamén un marabilloso texto escrito baixo o pseudónimo Anthony Kiedis. Cando hoxe, na aula, con todo o público expectante, tocou desvelar a identidade do gañador do concurso, soubemos que ese Anthony Kiedis non era só o nome do vocalista de Red Hot Chili Peppers, senón tamén o alcume baixo o cal se agochaba PaulaLó. Así que limos a súa crítica, démoslle unha máis que merecida ovación de aplausos, e convidámola a espremer o dereito a escoller, como gañadora, a súa peli-premio. Non o pensou un segundo. Entre os tres títulos posibles, PaulaLó ergueuse do seu sitio, moveuse decidida cara as pelis e dixo con voz firme: "quiero [ir] En Busca De La Felicidad"...
    E foise, unha vez máis, con Will Smith erizándolle a pel.

    No preciso instante no que P. tecleaba aquí as súas palabras (que agora descubro), o azar tecía títulos de pelis, tempos, persoas e historias, dunha maneira que pode asustar... ou roubar sorrisos.
    Este é o meu. :D

    ResponderEliminar
  5. "Como veis, el Universo tiene un plan, y ese plan está siempre en movimiento.
    Una mariposa agita sus alas y empieza a llover.
    Es un pensamiento aterrador pero también es algo maravilloso.
    Todas las pequeñas piezas de la máquina, funcionando constantemente... asegurándose de que termines exactamente donde deberías estar, exactamente cuando se supone que debes estar ahí.

    El sitio correcto.
    En el momento adecuado."

    ;)

    ResponderEliminar
  6. PaulaLó21/9/14

    Estoy sonriendo como una tonta al leer esta extraña y maravillosa coincidencia, no sabía nada de esto hasta ahora que me puse a ver las recomendaciones de pelis del blog una vez más :)
    Supongo que el mundo está hecho de casualidades, y esta ha sido una hermosa casualidad P.
    Muy orgullosa de haber resultado la ganadora de entre tantas críticas y muy triste por dar comienzo a este curso y no tener historia contigo Miguel. Recuerdo que una vez nos preguntaste "¿Qué profesores os han marcado más?" y yo dije dos, pues ahora ya sois tres. Gracias y más gracias.
    Siempre escribiré y siempre buscando el momento y la inspiración adecuada y la felicidad.
    Pd. Me encanta este cambio de look que le has dado al blog, suerte en esta nueva etapa!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estiven tentado a dicirche algo así: Paula, pásate por 7 almas! Pero pareceume que se o facía, esta xa nunca sería unha desas fermosas casualidades das que está feito o mundo :). E hoxe, tres meses despois, alégrome de que o azar, os recordos e as ganas de cine te trouxeran ata esta moeda para facerche sorrir. Incluso para sorrir como unha tonta (eses son sorrisos de verdade).
      Bótovos moito de menos, e a tristeza é compartida. Tiñamos unha clase "potente". Pero non vos preocupedes. Buscarémonos. Como se busca a felicidade...
      Grazas PaulaLó. Polas cariñosas palabras, e por axudarme a convertir esta moeda que só falaba dunha peli, nalgo de incalculable valor. :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...