Saltar ao contido principal

O demo da catedral

Un demo cun xeado nunha catedral? Pero existían os xeados no século XVI? ... De tres bolas!?


Míranos con ollos malévolos... Ollos de demo, claro. Pero a pregunta é: Por que nos mira así?  
A) O canteiro que o fixo era un bromista
B) Sabe que co seu xeado nos está provocando envexa, un dos sete pecados capitais
C) Rouboullo a algún turista despistado, e agora márchalle con el
D) Rise polo moito que nos descoloca ver isto na fachada dunha catedral antiga
Tedes clara a vosa resposta...? Seguro? Entón... Por que tamén atopamos un... astronauta!?


Curioso, verdade? Pois non hai photoshop nin engano algún. As figuras existen tal como as vedes. Forman parte, como moitos sabedes, dunha das fachadas da Catedral de Salamanca. Hai poucos anos, durante a súa restauración, decidiuse incorporar algún elemento contemporáneo, que dalgún modo servise para deixar claro cando se fixo esa intervención. Ao labralo na mesma pedra da catedral, en principio costa atopalo. Pero cando os descubres... estráñaste, sorrís, pregúntaste a ti mesmo se che gusta a idea, ou incluso hai quen se enfada... De feito, o astrounauta xa non ten un dos brazos, debido a un burrán ao que lle debía estorbar moito.

E vós, que pensades?
Parécevos unha idea acertada?

Comentarios

  1. Miguel13/8/13

    "Extra! Extra!" E na catedral de Palencia hai esculpido... un señor fotógrafo!

    http://elpais.com/m/diario/1980/03/07/ultima/321231604_850215.html

    Grazas Vitoria! :)

    ResponderEliminar
  2. Sandra15/8/13

    Pois a min gústame!. Penso que hai moita xente que non sabe o porqué de ese demo co xeado, do astronauta ou do fotógrafo, eu xa non me lembraba!, unha forma moi orixinal de facernos saber que detrás destes "curiosos" personaxes hai unha restauración contemporánea.

    ResponderEliminar
  3. En arqueoloxía facíase moito algo similar...

    Cando había unha escavación e esta remataba, ás veces volvíase a tapar o xacemento coa mesma terra extraída. Pero antes diso, era frecuente deixar unha moeda de curso legal e escaso valor (por exemplo, unha de 50 céntimos) pousada no fondo do escavado. Desta maneira, se alguén volvía no futuro a ese xacemento, podería saber cando "exactamente" se remexera nesa zona.

    Por suposto, non se quería deixar á vista, só era unha especie de broma entre o arqueólogo do presente e o que podía vir no futuro. Pero sendo algo menos artístico e curioso que o das tallas nas catedrais, o obxectivo era practicamente o mesmo: dicir claramente "Coidado! Aquí xa estivemos traballando sobre o orixinal!".

    ResponderEliminar
  4. Silvia.28/9/13

    Pois eu decántome pola opción B!! Unha forma moi orixinal de decorar unha fachada dunha catedral!! XD

    ResponderEliminar
  5. :D Jajaja! Sí Silvia, desde logo a B parece unha boa opción! Moi propio dun demo! Velo con esos ollos malévolos fai que me acorde do grandioso Al Pacino na inolvidable peli "Pactar con el diablo":
    -"Mira, pero no toques... Toca, pero no pruebes... Prueba, pero no saborees!!!".
    Coñécela?

    ResponderEliminar
  6. Silvia29/9/13

    Pois non, non a coñezo, pero sóname. Outra peli para a larga lista!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...