Saltar ao contido principal

Alarma

Esta noite déixovos un conto... sobre o máis terrible e infernal dos inventos da humanidade.
Facede clic sobre a imaxe e... felices soños! (se podedes).



Debaixo da cama, dentro do armario, detrás da porta... Non sei vós, pero eu tamén preparaba, coma se fosen trampas, tres ou catro trebellos para lograr espertarme polas mañás. Por iso rinme moito con esta curtametraxe. A maioría das veces tamén conseguía apagalos e seguir durmindo, independentemente do ruído que fixeran e de onde os deixara agochados a noite anterior. É incrible a cantidade de obstáculos que un pode ser quen de salvar incluso cos ollos pechados e en estado catatónico. Moito enxeño con eles! E boas noites.

Alarm, do director Moohyun Jang
Ano 2009

Comentarios

  1. Sandra21/8/13

    Jajajajajajajajaja!! Menuda maneira de durmir!! Hai anos un rapaz quedara cos seus amigos para ir a entrenar coa bicicleta, pero non apareceu a hora que quedaran, malia poñer varios espertadores coma na curtametraxe e os mesmos xestos da cara que o seu protagonista ó oílos soar :-). Os amigos chegaron a berrar varias veces o seu nome baixo a súa ventá e incluso chegaron a tirar algunha pedriña contra a persiana, todo esto tras haberlle timbrado varias veces na casa... e nada!! Ata que por fin! Levantouse a persiana, abriuse a ventá e coma en "Alarm" asomou un dormilón cos ollos medio pechados e os mesmos pelos!.... O que non sei e se conseguiron espertalo de todo ou voltou para a cama a durmir e soñar cos espertadores!! Jjjjjj! Moi boa a curtametraxe!

    ResponderEliminar
  2. Mariña21/8/13

    Hola Miguel! :) Canta razon ten esa curtometraxe jajaja Pois o meu despertador en verán non existe, é un mito ata que comezan as clases jaja e ainda asi polo curso moitas veces o apago e sigo durmindo como na curtometraxe jiji

    ResponderEliminar
  3. Sóname ese rapaz! Disque mentres durmía, tras moito oír ao lonxe a alguén berrando polo seu nome, empezou a preguntarse se aquel pesadelo de voces e pedras non sería en verdade real. E en 0.4 (contan), pegou un chimpo infernal da cama á xanela. A persiana desapareceu devorada entre as paredes. E no seu lugar, a súa sombra apareceu feita un basilisco, metade serpe (por perigoso) e metade león (por espeluxado). Contan que onde había ruído, fíxose o silencio... e que sen necesidade algunha de berrar, tan só apoiado na súa mortal mirada de basilisco, contestou moi baixiño, apenas audible, ao infernal espertador: "Que pasa?". Disque Pedro, que así se chamaba o espertador, quedou petrificado. Como o seu nome indica.
    Nin que dicir ten que cando o noso amigos regresou á cama, en 0.8 segundos, aínda as sabas planeaban sobre el. Ou eso oín...

    ResponderEliminar
  4. Ola Mariña! Creo que somos lexión os inimigos acérrimos do espertador... Eu probeino todo: á vista ou oculto, un só ou ata tres, a todo volume ou in-crescendo, con música heavy ou doces melodías... e o único que conseguín sempre, foi rematar odiando a máquina... e a melodía, por moito que me gustase!

    ResponderEliminar
  5. Hai que facer coma min, pasar do despertador, o meu é interior, teño a sorte de despertar a hora que teña que levantarme sen necesidade de soportar ese ruido infernal que non aguanto e incluso se fai falla desperto a quen teña arredor sen que sexa eu a que teña que levantarme.

    ResponderEliminar
  6. Recontra! Iso é que tes o firmware actualizado! :)

    Outra boa opción é poñer un gato na túa vida, especialmente cando é pequeno. En canto entende que o espertador é o sinal para erguerse da cama, el asegurarase (empregando os máis enxeñosos medios) de que realmente o fagas. Algo así:

    http://www.youtube.com/watch?v=w0ffwDYo00Q

    ResponderEliminar
  7. David G.21/9/13

    Recordo moi ben esta curta. Vina fai moito tempo e rinme moito. Sempre me gustaron os cortos animados. Pareceme unha maneira de mostrar una pequena historia en poucos minutos para entreterte un ratiño. Moi bo.

    ResponderEliminar
  8. Ola David! Si, eu tamén penso coma ti. Os filmes cortos parécenme un magnífico formato para contar unha historia.

    É máis. Cando imos ao cine, eu creo que a todos nos gustaría que antes dunha longametraxe nos puxeran unha curtametraxe. Sería unha boa maneira de comercializalas e de que o público puidera coñecelas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...