Saltar ao contido principal

Tesouros mariños (de hoxe en día)

Gustoume unha historia que coñecín estes días pola prensa.
Sucedeu nas Maldivas, esas illas tropicais e paradisíacas ao Sur da India. Practicando submarinismo, un home atopou nos fondos mariños a cámara dixital que vedes. Despois de tres meses na auga, a cámara presentaba óxido e non funcionaba, pero a súa tarxeta de memoria si. Nela había máis de 500 fotos tomadas por unha parella que visitara as illas tan só tres meses antes. Que faríades vós?

Supoño que o submarinista pensou que aquelas fotos non lle pertencían, que a cámara perdérase por accidente, e que os seus donos poderían levar unha alegría ao recuperala. Así que decidiu subir unha das fotos da parella ao seu perfil de Facebook, e acompañouna con esta chamativa mensaxe: "Atopada unha cámara Olympus nas Maldivas! Alguén os coñece?"Bastaron unhas horas. A mensaxe foi compartida 20.000 veces ata chegar ao entorno da parella, que recuperou así, da maneira máis insospeitada, a memoria fotográfica da súa lúa de mel. Nada menos!

Comentarios

  1. Vitoria16/7/13

    Coñeces a teoría de Os seis grados de separación? Demostra que entre dúas persoas calquera do planeta so hai unha cadea de coñecidos de cinco persoas (seis enlaces)!
    Xa estabamos conectados antes de FB!

    ResponderEliminar
  2. Eu quedárame niso de "El mundo es un pañuelo... y está lleno de mocos"...

    Pero gústame a "Teoría dos seis graos"! E mirade que historia tan boa... Este ano, un belga empregou esta teoría para atopar traballo en Barcelona! Creou só 3 tarxetas persoais de visita, que pasou a 3 amigos diferentes; éstes, á súa vez, ían pasándoa a outros, e así sucesivamente, ata que chegase ás mans dalguén interesado en contratar á persoa anunciada na tarxeta. Só fixeron falta 4 contactos! A idea era tan orixinal, que o departamento de Marketing de Seat quixo contratalo ao momento.
    Déixovos un vídeo que recolle a noticia:

    http://www.elviajedemitarjeta.com/post/43336664368/telecinco

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...