Saltar ao contido principal

Momentos Selectivos III (para vitaminarse)

Para todos os que mañá vos enfrontades a un exame... ou simplemente á vida.

Clic na imaxe para ver un vídeo importante.


Mañá quedará menos... Hoxe, non hai excusas. 
Vamos!

Comentarios

  1. O vídeo é bastante efectista, coa música de fondo é suficiente para pensalo, pero dice as cousas moi claras e tal e como as penso eu. Quere é poder, e se queremos algo non nos podemos quedar parados, porque todo se pode conseguir con esforzo e voluntade, con ganas e enerxía, rendirnos é o peor que podemos facer, ou iso é o que me digo a min misma. Dice unha frase que me encanta en grego: as cousas fermosas son difíciles. Difíciles de conseguir, se entende, pero sempre merecen a pena porque a recompensa é así, fermosa.

    ResponderEliminar
  2. "As cousas fermosas son difíciles"... E seguramente é esa dificultade a que as fai máis fermosas.

    ResponderEliminar
  3. Nerea Fernández14/6/13

    Un vídeo directo, que dice as cousas como son. Moitas veces vemos na tele, en películas, como xente consegue unha cousa dun día para outro, e ti non o logras facer entón xa pensas que non das. Pero non é así, levará máis tempo pero con esforzo e ilusión todo se pode conseguir, e se non é así polo menos poderemos decir que loitamos por conseguilo.

    ResponderEliminar
  4. A min paréceme que a vida é un pouco como o que sucede no deporte. A derrota está permitida (e de feito, perderemos moitas veces); o que non está permitido é non esforzarse. Estou plenamente convencido de que, conforme pasa a vida, as cousas que máis valoramos son precisamente aquelas que conseguimos co noso esforzo.

    A foto de Nadal gústame especialmente para empregar aquí. Como ti dis Nerea, os seus éxitos non son cousa de dous días, senón de traballar e traballar e traballar desde que era pequeno. So el sabe canto tivo que sacrificar para chegar a algo tan grande. Ese é o único segredo: esforzarse por mellorar; e facer do noso traballo a nosa paixón. Logo, todo chega. Seguro.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...