Saltar ao contido principal

Concurso Cine Historia

Aquí comeza o I CONCURSO CINE HISTORIA de 1º Bac.


A lista incluía 40 pelis... E agora que todos visteis unha, é hora do PREMIO.
Como logralo? A resposta, no Vídeo!
(BSO: Underground, da mítica película "Trainspotting")



Poderemos ler todas as críticas nos Comentarios desta entrada.
O único límite á túa creatividade é o prazo: Xoves 20, ás 23.59 horas.
Ireinas recollendo esta semana baixo pseudónimo.
O venres publicaremos o gañador
Serás ti?

Comentarios

  1. Aquí hai madeira de actores! Haberá tamén madeira de crítico?

    Desde xa, podedes deixar aquí a crítica da vosa peli. Ten que ser unha das da lista que vos entreguei.

    Sede orixinais e libres. Escribide o que vos pete, pero facédeo ben: que nos guste ler ese texto! Asinade co voso nome e primeiro apelido.

    Este xoves ás 23.59 empezarei a lelas todas, e o venres pola mañá, último día de clase, publicarei o gañador e faremos a entrega do premio no instituto!

    Xenio, e sorte!

    ResponderEliminar
  2. después de ver este vídeo te dan ganas de comenzar con la crítica....

    ResponderEliminar
  3. Claro que si!
    Sede moi creativos, e a polo premio!

    ResponderEliminar
  4. Ao final, todas as críticas recolidas (27) merecían unha entrada propia. Como está mandado!
    Aquí está:

    http://moedasparacaronte.blogspot.com.es/2013/06/as-vosas-criticas.html

    Sorte! :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...