Saltar ao contido principal

JASP... A Historia vale!

A vida é como ver os Simpson: a máis cultura, mellor entendes. E nese propósito de entender as cousas da vida (... ou as dos Simpson), saber Historia é unha axuda grande. Hoxe traio un exemplo...

Onde estabades en 1996? Os meus alumnos creo que nacendo, ou próximos a facelo, así que a moitos non vos sonará o anuncio. Pero a outros si, desde logo. Para que vos situedes no tempo, daquela eu estaba empezando a carreira. E coma min, moitos. España empezaba a cambiar (...parezo un capítulo de "Cuéntame"), ao ir aparecendo unha xeración de mozos moito máis preparada que a dos seus pais, e con terribles ganas de comerse o mundo. Foi entón, naquel preciso momento dos noventa, cando Renault, nos sorprendeu cun anuncio que parecía feito á medida daqueles mozos: o do primeiro modelo Clio (nótase o paso dos anos, verdade?), ou tamén chamado "anuncio JASP". A fotografía correspóndese coa versión para a prensa; a versión para a tele, facendo Clic na imaxe.


Querían así vendernos que o Clio debía ser o noso coche, pois tamén el era JASP: novo, pero sobradamente preparado. O caso é que aquel anuncio pegou forte entre os mozos.  E algún tempo despois, estudando Historia, sorprendinme moito ao descubrir que JASP non era unha rara idea nova, senón unha enxeñosa modificación dunhas siglas xa creadas no pasado: WASP. En Estados Unidos este era o nome co que se recoñecía a un grupo de cidadáns puritanos e intolerantes, que se crían superiores a todos os demais. Eran os WASP (White, Anglo-Saxon, Protestant). É dicir, brancos descendentes de europeos do norte. Pero racistas.

En Renault, cambiaron tan só unha letra para dar un novo significado, moito máis agradable e positivo que o anterior. E desta maneira, como daquela, lograron algo relativamente complicado: que un grupo concreto de xente nos recoñecéramos (ou quixéramos facelo) con tan só catro letras... e de paso, cun modelo de coche. Daqueles WASP non queda moito, afortunadamente. E en canto a aqueles JASP... Era mentira: nunca estaremos sobradamente preparados!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...