Saltar ao contido principal

Para Albert o mundo é pequeno

Acordádesvos de Albert, o rapaz do pelo azul e a cadeira de rodas? 
O mesmo que lle dixo a Buenafuente iso de "Tú llevas gafas, yo llevo silla"?
Se non o coñeciades, non vos perdades aquela entrevista. Podedes vela facendo clic AQUÍ
Estréase no cine "Mundo pequeno", un documental da súa viaxe, do amor pola vida e da liberdade.

Velaquí o trailer. Clic na imaxe!


A historia de Albert é das que ensina. Diagnosticáronlle leucemia cando só contaba 5 anos. Pasou media infancia nun hospital, sometido a operacións, dura rehabilitación e un tratamento de quimioterapia que afectou para sempre á musculatura das súas pernas. A quimio salvouno, pero deixoulle a cambio unha cadeira de rodas. Esa que el converteu nun valioso recurso para a vida. Os seus pais enriquecéronlle aquel tempo hospitalizado con lecturas, conversas e xogos que o empaparon dunha ampla cultura e alimentaron a súa innata curiosidade. E cando chegou aos 15 anos, nada podía frear o seu soño de viaxar polo mundo. Tivo a sorte de conseguilo. E aí segue. Con 22 anos e máis de 80 países recorridos. Vivindo. Ensinando a desterrar medos.

Comentarios

  1. ¡qué gran lección de superación! esto é o que fai ver que non hai barreiras para conseguir o que un quere, este rapaz parece feito de unha pasta especial despois de todo o que pasou pero él é feliz, os pais tamén axudaron moito para que eso fora así foi moi positivo para él, dí que non garda ningún recordo de tristura, ademáis eles ainda pensando no que lle podería pasar nas súas viaxes gardaron o seu medo e déixaronlle marchar. ¡qué admirable!

    ResponderEliminar
  2. Si. É curioso. Ves a Albert, e non tes dúbidas de que está a VIVIR con felicidade. Ves a súa avoa, e comprendes que sinta medo. Pero... que sería de Albert se tivese medos!

    Tamén eu, como Alba, busco os vídeos de Albert cando boto en falta motivación. Dez segundos abondan!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...