Saltar ao contido principal

Paseando entre cervos

Vedes algo nesta foto? Seguro?
Sabedes que ese gravado ten uns 3.000 anos de antigüidade? E que hai máis?
E que podedes dar agora mesmo un paseo por alí?... Facede clic AQUÍ, e mirade!


Estou farto de ver petróglifos entre silveiras. Así que alegreime. Facía tempo que non vía unha actuación así de axeitada sobre o noso patrimonio arqueolóxico. Unha vez máis, demóstrase o pouco diñeiro que fai falla para conservar e divulgar a cultura que realmente nos fai diferentes no mundo. 

Se vos apetece e un día podedes, achegádevos aos Petróglifos de A Caeira, en Poio, nas aforas da cidade de Pontevedra. Será un paseo breve pero intenso por pasarelas de madeira (non pisar os gravados é conservalos), que vos conducirán entre mandas de cervos, labirintos, círculos, coviñas... Debuxos fermosos que un día alguén gravou a conciencia nesa ladeira, quizais mentres vía aos animais beber aló embaixo, no río. Sen poder saber que 3.000 anos despois, eses mesmos gravados seguirían aí, falándonos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...