Saltar ao contido principal

Os Miserables

Unha das miñas lecturas máis queridas, multiplicada por dous pola brutal forza visual do cine.


Odio, castigo, forza, cadeas, esperanza, valor, sufrimento, bondad. Nove películas optan ao Oscar. Levo vistas sete. E esta é das poucas que me encantaría que gañara. Pola historia, e porque dentro do reparto hai dúas auténticas bestas, que se comen a peli a bocados.

Hugh Jakcman: Acaso sabedes dalgún personaxe tan terriblemente humano (coas súas contradicións), tan virtuoso e tan potente como o protagonista Jean Valjean? Eu só coñezo un: Edmundo Dantés, no Conde de Montecristo. Nin Lincoln nin gaitas... Jean Valjean é o mundo nunha soa persoa. Nel, están todas as emocións humanas posibles. Anne Hatheway: Sae tan so quince minutos, bótase a peli ao lombo, ponche o pelame de punta cunha historia que desgarra, e varios días despois aínda segues acordándote dela e das súas caras. 

Podedes ver o trailer facendo clic na imaxe
Se o asteroide d14 non acaba con todo esta noite, non a perdades. 
Porque algunha vez todos miraremos atrás pensando "I dreamed a dream".

Comentarios

  1. Antón17/2/13

    Non lin a novela, pero a peli é pura maxia, un verdadeiro espectáculo.

    ResponderEliminar
  2. Xa o creo que si, Antón.
    A novela é coma un outono...

    ResponderEliminar
  3. Silvia23/2/13

    Xenial! Necesitaba que alguén me recomendase un libro, gracias :D Un abrazo, Miguel :)

    ResponderEliminar
  4. Seguro, seguro que che gusta. Jean Valjean é... inesquecible. Logo nos contas! :) Abrazos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...