Saltar ao contido principal

Entroido para que?

40 días de abstinencia? Que dura era a Coresma!, co seu recollemento e represión dos praceres carnais. Tratábase de conmemorar os 40 días de Xesús polo deserto e, de paso, afianzar así a fe relixiosa... E o pobo prestábase, pero claro, iso non había dios que o aguantase sen unha boa antes. E aí é onde aparece o noso Entroido: O tempo no que reina a gula, a luxuria, o xogo e a preguiza, todo o contrario do ideal de vida cristián; o Entroido é un mundo ao revés.



Visto así, parece revolucionario, non? Pois non, todo o contrario, di Mariño Ferro: Con esta inversión só se desexa amosar o desastroso e atolado funcionamento dunha sociedade se esta funcionase con principios opostos aos tradicionais. Deséxase ensinar que unha persoa lasciva, preguiceira ou comellona resulta tan atolada e estúpida como o labrego que sementa sobre pedras, como o sacamoas que usa enormes tenaces, etc. Ou sexa, que o Entroido é unha esaxeración da realidade co fin nada revolucionario de que todo siga igual... Bueno, e co fin de que poidamos soportalo. Poderemos?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...