Saltar ao contido principal

É un paxaro? É un avión? É Jeb Corliss?

É paxaro, é avión e é Superman. Porque este deportista é capaz de voar coa única axuda dun traxe: o wingsuit. E a min lémbrame a Batman que mete medo... Que como o fai? Pois como non leva motor, a cousa consiste en subirse a un helicóptero ou unha montaña, deixarse caer a plomo, e botarse a planear. Dependendo da ocasión, a aventura pode consistir tanto nun voo a 220 por hora entre dous cazas, como en atravesar unha catarata, como en partirse literalmente as pernas contra unha rocha. Por algo lles chaman deportes extremos, non?

Un dos voos máis grandiosos foi o de China, ante milleiros de espectadores. O obxectivo era descender a todo trapo e lograr pasar por un túnel natural no monte Tianmen. Vémolo?

Comentarios

  1. Sandra19/1/13

    Que lle pasa pola cabeza a unha persoa para facer estas tolerías... isto é o que pasa pola miña cabeza ó ver estas imaxes..pero tamén penso..buf, incrible! e que precisión para pasar polo buraco das rochas e aterrizar nun sitio en concreto coma o fai...

    ResponderEliminar
  2. Toda innovación precisa dalguén un pouco tolo. Alguén coa imaxinación e a ousadía suficientes como para atreverse co diferente.

    Leonardo da Vinci tamén era un destes marabillosos tolos... Pregúntome que diría se puidese ver voar así a este home.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...