Saltar ao contido principal

Audrey Hepburn: fermosa e eterna

Audrey era a Beleza, a elegancia natural, a espontaneidade... O triunfo do sinxelo sobre a ostentación. 


Ela era así. Como a vedes nesta imaxe de Vacacións en Roma. Pero a súa vida, películas e premios aparte, foi do máis inagardada e interesante

Europea, nacida en 1929 (como Ana Frank), tamén viviu a adolescencia ocultándose dos nazis, e tratando de sobrevivir á II Guerra Mundial na casa de seu avó, nos Países Baixos (como Ana Frank). Ambas tiñan 10 anos cando a guerra empezou, e 15 cando rematou. É certo que Audrey non era xudea, pero si de orixe inglés, e iso non era unha boa carta de presentación diante dos nazis. Por iso a súa nai, agoniada por protexela, chamábaa por un nome holandés e obrigábaa a falar nesa lingua. Porque debían pasar desapercibidos. A boa posición da súa familia materna permitu que Audrey aprendera ata seis idiomas: inglés, holandés, francés, italiano, algo de alemán e un pouco de español, e tamén que estudara piano e ballet clásico durante os anos da guerra. Con 15 anos era tan boa bailarina, que gañaba cartos bailando en actuacións de ballet clandestinas. Todo o que cobraba, o donaba despois á Resistencia Holandesa.

Pero a súa vida non foi fácil, como tampouco a de todos os que estaban alí. No último ano da guerra, cos Países Baixos ocupados polos nazis, estes confiscaron todos os alimentos e combustibles á poboación. En inverno, sen comida nin calor, a vida xa non era posible. Viu a homes novos forzados a poñerse contra a parede para ser fusilados. Perdeu varios familiares. O seu propio irmán foi internado nun campo de concentración. Para sobrevivir chegou a facer fariña con tulipáns, e a falta de comida provocoulle anemia e problemas respiratorios importantes. 

Tamén ela, anos despois, se daría conta das similitudes entre ela e Ana Frank: 
"En 1947 un amigo deume o libro de Ana Frank en holandés. Lino, e destruiume. Non eran só páxinas impresas, era a miña vida! Non sabía o que ía ler. Nunca volvín ser a mesma. Afectoume profundamente (...) Teño marcado un lugar no diario, no cal Ana di que fusilaron a cinco rehéns. Ése foi o día no que fusilaron ao meu tío".
Hoxe cúmprense vinte anos da morte de Audrey Hepburn. Aquela nena intelixente e comprometida, logrou sobrevivir ata que o país foi liberado. Primeiro en Amsterdam e logo Londres, seguiu estudando ballet. Pero a súa extrema delgadez, froito daqueles anos de malnutrición, e a mala situación económica na que quedara súa nai, decidiuna a encamiñarse finalmente á interpretación como actriz. 

E en 1953, rodando Vacacións en Roma, Audrey Hepburn fíxose fermosa e eterna. Igual que esa cidade... O seu traballo, a súa forma sinxela de entender a vida, e o seu compromiso con UNICEF desde 1955, explican que aínda hoxe sigamos lembrándoa e sentindo nostalxia dela.

Comentarios

  1. En calquera sitio donde durmo hai un cadro/poster de Audrey. Non teño máis que engadir.

    ResponderEliminar
  2. En efecto, Duarte, queda todo dito!
    Éste, o da Vespa, é unha pasada. Inflama alegría. Pero...

    Xuraría que sei cal tes ti... :)
    http://aclockworkfiction.blogspot.com.es/2013/01/vlog-01-concurso-oscars.html

    ResponderEliminar
  3. En efecto, ese está en Madrid, jaja.
    Por certo xa que Miguel se molestou en poñer o enlace pasádevos polo concurso... hai premios moi interesantes...

    ResponderEliminar
  4. Sandra23/1/13

    Carai..non tiña nin idea da biografía de Audrey..tremenda..intelixente, xenerosa..etc
    Tes razón Miguel a foto que está na entrada transmite alegría, é imposible non sorrir ó vela.

    ResponderEliminar
  5. PaulaLó20/10/13

    Esta mujer es un sueño, envidiable y sobretodo admirable. Perfección en estado puro. #SiempreAudrey

    ResponderEliminar
  6. Estou contigo Paula. Audrey é Perfecta. Pero o que máis me gusta é que non é pola súa beleza natural, senón polo todo. Pode haber mulleres máis fermosas, pero non son Audrey... #SiempreAudrey

    Transmite tanta alegría Sandra, que a teño colgada no meu estudo. Cando un se pon a traballar, mellor facelo cun sorriso :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...