Saltar ao contido principal

Os Edukadores

Jan e Peter son dous amigos unidos na súa rebeldía contra o sistema económico e o modo de vida actual. Ambos están fartos de ver inxustizas. Así que deciden pasar á acción e facer algo novo, que polo menos asuste aos poderosos. Cada noite, saen na súa furgoneta a controlar os barrios nos que viven os ricos. Cando estes se ausentan por un tempo, entran nas súas opulentas casas e o desordean todo. Antes de irse, deixan sempre un aviso escrito para os donos: "Os vosos días de abundancia están contados. Firmado: Os Edukadores". Pero as cousas empezarán a torcerse o día en que se vexan obrigados a fuxir dunha casa levando con eles a un incómodo acompañante.


Inicio orixinal, tensión, ideas, boa música e un final que fai pensar. Hai moitos motivos para ver esta peli alemana. Entre eles, que a podedes atopar enteira e dun tirón en youtube (clic AQUÍ). Pero se tivera que amosarvos unha única secuencia, elixiría esta (clic na imaxe). Nela, os tres protagonistas xustifican o que fan ante un multimillonario ao que van acurralando con bos argumentos. Agora que a crise mundial nos amosa os enormes furados do sistema capitalista, e que xa sabedes cando nace e en que consiste... Faivos debate? 

Comentarios

  1. Xa a mirei! boa película, gustoume, non a coñecía de nada

    ResponderEliminar
  2. Ola Diego!
    Pois alégrame moito que mo digas! A verdade, hai partes que as poderiamos ver en clase perfectamente, e darían para un bo debate. Hai nela algo que me gusta, e é que pon ao espectador fronte ás dúas posturas, como obrigándoo a poñerse no lugar dos dous bandos.

    A maioría das películas que de verdade nos interesan non chegan nin á carteleira dos cines que temos preto. É un pouco como a música: hai que rebuscar fóra das canles comerciais. Pero paga a pena, porque cando rebuscas, atopas. Entre todos, seguro que iremos atopando máis.

    ResponderEliminar
  3. É unha boa élicula, inda que non deberia inculcar este tipo de actuacións e xustificanse mediante a violencia, quizas ao principio ten mais sentido ao non empregar a violencia pero todo vaiselle un pouco das mans. Moi boa.

    ResponderEliminar
  4. Certo e moi boa para debatir posto que teñen razon en moitas cousas que din pero non van coa miña ideoloxía.

    ResponderEliminar
  5. Ola Ángel!
    Ao final, tamén ti a viches! Xa somos tres.

    Non creo que a película inculque unha forma de comportarse. Primeiro porque non é unha peli violenta. Segundo, porque amosa varias das consecuencias negativas que tería ser tan temerario. E terceiro, porque só é unha ficción. Nin sequera creo que haxa unha mensaxe. Máis ben paréceme que a película pretendía algo así como meter o dedo na ferida aberta polo capitalismo e a desigualdade económica; que pensemos un pouco; ou xogar a poñernos no lugar dos gañadores e os perdedores nesa partida de Monopoly que ás veces parece a vida...

    Quédome co inicio. Paréceme unha forma brillante de empezar.

    ResponderEliminar
  6. Creo que calquera que entre na súa casa e se encontre iso se sorprenderia e tamén se asustaria.

    ResponderEliminar
  7. Iso segurooo. E se entras nunha clase, e te atopas algo parecido... tamén!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...