Saltar ao contido principal

Gasol, en clase

Gasol tampouco sabía inglés cando era neno... Un 10 para esta profe, que soubo mover fíos para impresionar e motivar aos seus alumnos dun xeito que dificilmente esquecerán. Imposible non botar un sorriso ao ver as súas caras cando Pau vai dicindo os nomes de cada un deles...

Comentarios

  1. Unha lección que dificilmente esquecerán estes rapaces...

    ResponderEliminar
  2. Sandra30/12/12

    Guaauu!!penso que se vai a falar moito inglés e xogar moito a baloncesto nese colexio a partir desta gran sorpresa e lección que lles deu Gasol, só ver esa emoción e ilusión nesas pequenas caras...ás veces fai falla un empurronciño así que dé esa confianza que falta para cumplir e loitar polos nosos soños.

    ResponderEliminar
  3. David.31/12/12

    Moi bo. Unha gran lección que seguro que lles marcará a vida.
    O máis gratificante foi ver os sorrisos que sacaban os rapaces cando ían decindo os seus nomes.

    ResponderEliminar
  4. Estou de acordo con vós!

    Por iso levo días buscando a alguén que lles fale aos meus alumnos da importancia de aprender Historia. Non sei, un Neanderthal, ou Cleopatra, Corocotta, Viriato, Cresconio, Pedro Madruga, Isabel a Católica, Robespierre (e a súa cabeza), Gravina, Bismarck, Lenin, Hitler, Primo Levi ou mesmo o Che Guevara... pero nada, amigos! Esta xente que non ten Twitter, non hai forma de contactar con ela!

    ResponderEliminar
  5. A min a cabeza de Robespierre non sei, pero se me traen poñen a Steve Nash na clase estudio o que faga falta!

    ResponderEliminar
  6. Non me des ideassssss..... :) Que desde que Gasol ten moza de Lugo, os Lakers quedan máis cerca!

    ResponderEliminar
  7. Buff, non me fales de Lugo que non teño moi bos recordos de alí no que se refire ao deportivo..

    ResponderEliminar
  8. Bueno, en realidade vai ser dos arredores... Chantada, me parece... Tampouco sona ben, non? :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...