Saltar ao contido principal

Strandbeest, bestas da praia

Hai artistas capaces de crear "Máquinas con alma". O holandés Theo Janssen é un deles. Por un lado, é un enxeñeiro que estuda a mobilidade; por outro, un artista que quere esculpir o aire que nos rodea e darlle forma. O resultado do seu traballo é un espectáculo. Ao lonxe, parecen inmensos esqueletos prehistóricos movéndose; pero en realidade non hai motor nin máquina, e están feitos tan só de materiais sinxelos, como tubaxes de plástico e cinta adhesiva. Ao poñelos sobre a area húmida da praia, a forza do vento fai que se movan, converténdoos en extraños dinosaurios mecánicos. Perfectos, artísticos. El chámaas Strandbeest, bestas da praia.


Non todo ían ser máquinas de vapor e revolución industrial!

Comentarios

  1. David.12/11/12

    Moi interesante si señor.
    Pareceme impresionante.

    ResponderEliminar
  2. Vitoria15/11/12

    Non todo ían ser máquinas de vapor e revolución industrial!
    Nin efectos especiais!
    Estamos tan acostumbrados a ver cousa incribles sen asombrarnos que resulta moi agradable que unha máquina tan sincera como Strandbeest nos faga exclamar:non o podo crer!
    Moi bonita,
    1

    ResponderEliminar
  3. Estou con vós, toda unha obra: Deseño + Arte + Tecnoloxía.
    E enriba, ecolóxico. Teno todo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...