1776: Norteamérica é en parte colonia do imperio británico; pero o pobo está farto de non ter representación no parlamento, de ser obrigado a pagar impostos e máis impostos, de non poder comprar nin vender a outros que non sexan os ingleses da metrópole... Séntense esquecidos, explotados, humillados. E enfádanse. Cabréanse de verdade. É nese entón cando comezan unha rebelión valente e violenta no porto de Boston. Unha rebelión que remata ao grande, coa independencia das 13 colonias, e a proclamación dun novo país libre: Estados Unidos. Sen sabelo, aqueles colonos convertéronse en modelos para outros. Empezaba a era das revolucións...
Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela. Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto . Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis, en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas. En 1947, ao construírse o Enco...

Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!