Saltar ao contido principal

Parapente

Volvió el rostro hacia el viento. Divisó a lo lejos el viejo monasterio, estoico y orgulloso frente al mar. Si todo va bien, le dijo, nos vemos ahí abajo. El olor a mar le ensanchaba el pecho. Respiró profundo. Olvidó la altura. Recordó el sueño. Miró a su espalda. Flameaba impaciente la vela, plena y extendida sobre la ladera. De repente, la tela se inflamó, embolsada de vida y dispuesta a arrastrarlo con ella. Y se alzó enérgica sobre su cabeza. Ya no había vuelta atrás...

Ahora! Echó a correr hacia el vacío. Zancada grande, fuerte, potente hacia la nada. Un, dos, tres… Lo último que recuerda es que resonaba el rugido de las olas golpeando las rocas, allá abajo. Después, emoción, aire, paz, silencio, sonrisa... El cielo.

Comentarios

  1. Fun o segundo en ver o video... a próxima vez non desactives os comentarios en Youtube! E xa se nota a mellora de montaxe grazas ó cambio de máquina... A música, de dez.

    ResponderEliminar
  2. Sandra10/10/12

    qué buenoooo!!!! moi grande! supoño que repetirás, non?!! menuda experiencia! eu non creo que me atrevese, pero a sensación de estar no aire "voando" ten que ser incrible!
    Encantoume o texto que escribiches, emociona!

    ResponderEliminar
  3. Duarte creo que esta banda sonora ma pasaches precisamente ti. :) Tamén creo que lle cae (caer non é un verbo moi ao xeito para o caso, pero...) moi ben ao vídeo.

    Sandra: é do máis emocionante, pero... como sabelo se non o probas?

    ResponderEliminar
  4. Increíble.
    Seguro foi unha experiencia inolvidable.
    O mellor sería estar xa arriba, contemplando todo o paisaxe, vendo o mar, o ceo...
    Debeu de ser impresionante.

    ResponderEliminar
  5. Tal vez o mellor, David, empeza en saber que o vas facer. Subir á montaña mentres ves a outros voando xa sobre a túa cabeza, e pensar que moi pronto ti tamén estarás alí, pendurado duns cantos fíos, con aquela paisaxe viva baixo os pés. A carreira é forte, porque a vela tira de un cara atrás, pero o vento enseguida te eleva. Aló enriba non hai ruído. Todo é suave: os movementos, a velocidade, os sonidos... Todo, excepto un raro e molesto pum-pum, pum-pum, pum-pum... "Será o vento?", pregúntaste... Pero miras adentro e entón reparas no que pasa: "Non, é o peito, que está contento".

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...

A memoria da choiva

Ollo... Esquecédevos da riquiña  Os fillos do mar . A nova novela de Pedro Feijoo entra polos ollos de maneira despiadada e con auténtica ira. A ira de Rosalía, que emerxe vingadora nunha serie de brutais crimes . Todo iso que nos contaron dunha Rosalía de Castro feble, depresiva e nostálxica quizais non era máis cá un monte de merda arroxado sobre a súa verdadeira personalidade. É que non o vedes? A moitos lobos interesáballe vendela así, manipulada e desdebuxada ata o extremo. Pero sen que eles puideran sabelo, todo ese conto, todas esas mentiras foron inxectando nalguén que permanecía oculto " un sangue negro, duro coma o ferro, un río mesto e pegañento de cólera e desesperación ". E agora, cando menos o agardaban, chegou a hora. Alguén está a tomarse, con violencia e brutalidade extremas,  a xustiza pola man . Santiago de Compostela, ese impresionante escenario . Un coñecido colaborador televisivo aparece asasinado na súa casa cun ferro de vinte e dous centímetr...