Saltar ao contido principal

Braveheart, e o dereito de pernada

Braveheart gañou 5 Oscars en 1995, entre eles o de mellor película e mellor director. No século XIV, William Wallace subsiste nunha aldea de Escocia, baixo os abusivos tributos nobiliares e as inxustas leis impostas polos ingleses. Nun momento da película, preto do inicio, amósasenos o exemplo do dereito de pernada. Por este dereito, algúns señores reservábanse a oportunidade de xacer durante unha noite con calquera muller que casase no seu feudo. Dese modo, a liberdade dos servos e a honra da muller eran violentadas a converterse nunha pertenza máis do señor. Nesta secuencia, vese como ela detén ao marido para evitar que o maten cando este pretende negarse a que o rei cobre ese dereito. Braveheart e a súa moza obsérvano todo na distancia, preocupados por que algún día lles poida pasar a eles. Non saben que a vida lles reserva un futuro máis perverso. Podedes ver a secuencia que vos comento facendo clic no cartel.


Non está probado que o rei inglés (señor das terras nas que vivía Wallace) utilizase o dereito de pernada na realidade histórica, pero na película emprégase para deixar ás claras, dunha maneira clara e contundente, o poder abusivo e inhumano dos estamentos privilexiados. Un panorama similar ao que predominaba en Europa antes das grandes transformacións iniciadas no XVIII. Tamén para iso pode valervos esta película. Unha historia épica, con base nun personaxe real, e contada ás veces dun xeito espectacular. Como o seu final. Para ver o trailer, clic AQUÍ.

Comentarios

  1. David.6/10/12

    Non sei porque salto con isto, pero ao ver esta entrada recordín 'Gladiator'.
    Esa película que nos mandaron ver en 2º.
    Gran película.

    ResponderEliminar
  2. Pois non sei David. Se cadra porque as dúas son películas épicas, de carácter histórico, nas que alguén que non quería selo é empurrado pola inxustiza da vida a converterse nun heroe. Por certo, as dúas con bandas sonoras á altura e absolutamente memorables.

    The Battle of Stirling, creo que é un bo exemplo da épica BSO de Braveheart. Dan ganas de coller a espada e botar a correr atrás dos ingleses...
    http://www.youtube.com/watch?v=OrjyURHc2K4

    ResponderEliminar
  3. Almudena6/10/12

    E que unha persoa que quere ser un hereo non e realmente un heroe. Un heroe de verdad e alguien que o fai por axudar ou por obligacion non por levar meritos. Ou eso penso eu

    ResponderEliminar
  4. Ou por restablecer a honra, sen pretender gloria algunha.

    Estou de acordo Almudena. A min paréceme que detrás dun heroe, case sempre hai unha traxedia... Creo que por iso mesmo prefiro a Héctor antes que a Aquiles.

    ResponderEliminar
  5. Sandra8/10/12

    Quen non viu Braveheart?! tamén lin un libro: "La catedral del mar", no que narran este "dereito de pernada".
    O que dis ti Miguel, poder abusivo e inhumano, horrible!

    ResponderEliminar
  6. Non lin o libro Sandra, pero estiven na igrexa de Santa María del Mar, en Barcelona, que é protagonista esencial da novela. Visita recomendada!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...