Saltar ao contido principal

Os graffitis de Banksy

Arte ou vandalismo? 




Nos tempos que corren, se algo precisamos é orixinalidade: romper co establecido e innovar para mellorar o que hai. Dependendo do lugar, do soporte ou da temática, os graffitis poden pasar de ser un problema a representar un imparable vehículo de comunicación artística. Baixo o pseudónimo Banksy, ocúltase alguén que encheu a cara máis sucia das cidades británicas con miradas reflexivas, cheas de orixinalidade e nalgún caso tan críticas coa sociedade actual que parecen dardos. Do artista sábese pouco, pero a súa obra, mundialmente coñecida fala por el. Ata nos Simpson lle dedicaron un dos inicios máis críticos e polémicos da famosa serie. No vídeo da entrada que publicamos hai unhas semanas sobre a película Match Point, tamén se ve un dos seus graffitis máis coñecidos. Entón,... Arte ou vandalismo?

Comentarios

  1. Samantha16/7/12

    Sen dúbida... ARTE!! O arte non é solo coller un lienzo e debuxar sobre el, si non expresarse pintando sobre CALQUEIRA superficie. E está claro, que Banksy o facía moi ben jeje

    ResponderEliminar
  2. Estou con vos. Neste caso, moita arte! En todas as cidades hai espazos degradados que Banksy ou artistas coma el poderian transformar e mellorar...

    ResponderEliminar
  3. Sandra18/7/12

    ARTE. Penso coma ti Miguel. Paréceme moi orixinal o primeiro.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...