Saltar ao contido principal

Debate ao estilo neonazi

Que fai un Neonazi nun debate? Podería ser un chiste, pero non; é unha pregunta con resposta. Tras aquela roda de prensa querendo emular a "La Ola" en plan charramangueiro, os neonazis gregos seguen ao seu: armándoa na rúa, ameazando entrar de cheo no parlamento e dando a nota nos medios de comunicación. Onte, nun debate televisado deixaron outra perla cultivada. E temos moitos motivos para preocuparnos. Pero moitos. Porque un extremista non entende de argumentos, nin de razóns, nin de ideas, nin de ética, e moito menos de respecto. Un neonazi exalta a violencia. Non sabe convivir co diferente. É máis, se puidera, exterminaría a todo o que discrepa, en ideas ou en aspecto. E sen cortarse un pelo. Incluso nun plató de televisión:


O portavoz do partido de extrema dereita "Amencer Dourado" (6% dos votos en Grecia), saiu por patas tras agredir así ás dúas parlamentarias de esquerdas que debatían con el (unha delas recordoulle que proximamente deberá enfrontarse a un xuízo por atraco a man armada). E é que Nazi e Debate, son palabras que non pegan nin con cola. As imaxes son unha proba xudicial para a policía, que emitiu unha orde de arresto; pero sobre todo son, para nós, un motivo para sermos críticos. Para estar alerta. 

Comentarios

  1. Totalmente de acordo contigo Andrea, non creo que fose casualidade que arremetera precisamente contra mulleres.

    O vídeo que achegas é tan preocupante como o de Grecia. Demostra que o do fascismo é un perigo moi presente aquí mesmo. Un perigo que algúns dan por desterrado, pero que agroma moi ben no caldo de cultivo da crise, a corrupción e a falta de ética en persoas que deberan ser exemplo para o resto da cidadanía.

    A parafernalia e o culto da violencia impresionan, e iso é o que buscan: paralizar mediante o medo. Fronte a eles, cautos si; medo non.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...