Saltar ao contido principal

Medicación contra exames (Nyman e Nightwish)

Hai músicas que te collen e te zarandean igual que o mar faría cunha cuncha, ou o vento coa folla vencida dunha árbore. En certo modo, a música é medicamento para cada estado de ánimo. E en tempos de exames, a música, ben receitada e administrada, é un medicamento esencial.

Hai músicas que estimulan. Músicas que relaxan. Músicas que aportan euforia. Hainas que axudan a durmir. Outras acompañan. Algunha é depresiva. Optimistas. Soñadoras. Nostálxicas. Inxenuas. Físicas. Potentes. Críticas. Rítmicas. Desoladoras. Duras. Alegres. Tristes. Suaves. Metálicas... 

Poucas teñen o estraño don de regalar a calma, ese que ás veces buscamos á beira do mar. Son músicas que case obrigan a pechar os ollos e deixarse levar... A de Michael Nyman para a banda sonora da película "The piano" é unha delas. Sobes o volume... Pechas os ollos... E déixaste levar.


E para os menos clásicos tedes a enorme versión en metal sinfónico 
do grupo nórdico Nigthwish (clic AQUÍ).
A por todas! E sorte!

Comentarios

  1. Andrea Ledo20/5/12

    Aínda que non canta Tarja, a mellor vocalista que xamais tivo Nightwish, Anette (actual) non o fai tan mal aquí, aínda que se teño que escoller, escollo a versión de Nyman.

    ResponderEliminar
  2. Marcela20/5/12

    As cancións sen letra dan máis pe a imaxinar, a facelas túas, pero Nigthwish...xa o seu propio nome o di^^

    ResponderEliminar
  3. Estou con vós en todo. As cancións sen letra dan máis liberdade para voar. A cantante está á altura. E Nightwish (de nome que inspira... ¿manto de estrelas, fragas frondosas, mandas de lobos, ouvidos de curuxas?) non so non destraga a Nyman, senón que dalle dous puntos de forza. É como se emporcara a pureza do primeiro, para transformalo nun relato máis épico. Algo así como Frank Miller cando fixo "300".

    ResponderEliminar
  4. Sandra22/5/12

    Eu tamén escollo a versión de Nyman,qué paz transmite! é preciosa!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...