Saltar ao contido principal

Felicidade a pedais

Ás veces un pregúntase que é o máis valioso na vida. Probablemente a resposta é o que nos fai sentir Ben. Ben non ten por que ser feliz. A felicidade é unha palabra que só aparece por momentos na vida. Se cadra, Ben quere dicir: sentirnos tranquilos, entendidos, útiles, importantes, acompañados, estimados, libres tamén. Como somos un ser social, precisamos de outros para lograr sentirnos así. Pero de cando en vez é posible alcanzar un pouco de felicidade por outras vías: están os libros, as películas, a música, os lugares que consideramos especiais, un bo paseo en bici e, por suposto, os animais que achegamos á nosa vida para acompañarnos mutuamente. A lealdade ten a cara dese can doce e alegre que, por moito tempo que botes fóra, nunca che fará nin o máis leve reproche.

Cando logramos xuntar dúas destas cousas nun só momento, a dose de felicidade é dobremente intensa, duradeira e reparadora. Única. E se hai un can-atleta de por medio, intensa a rabear: 


Esta cadela é pura enerxía, cómese ata as pedras. Pero para os que non teñades unha Lily, a bici sempre será un punto de conexión coa infancia, a independencia e as primeiras sensacións de liberdade. A bici é alegría pura. E non entendo como non a utilizamos a diario. É máis, reivindico a bici. Por exemplo para ir a clase. Ou para desestresar. Ou para liberar tensións. Ou para tonificar o corpo. Ou para retarnos cun descenso vertixinoso, dos que fan lanzar aturuxos a cada salto... Coma este. Aviso: agarrádevos que hai curva. Ou como dirían en Meira, ferro a fondo... e fe en dios. Estades preparados? Pois para iniciar o voso descenso, clic AQUÍ.

Comentarios

  1. Sandra28/5/12

    Qué bo!! encántame!! como desfruta e parece que non lle chega!! Son uns amigos excepcionais, fannos felices e dá gusto velos felices a eles tamén!!! Un gran vídeo!!

    ResponderEliminar
  2. Isto tamén nos dá unha idea de toda a enerxía que un can ten e precisa liberar, e o feliz que isto o fai.

    Non é so cuestión de que teña espazo ou comida, senón de poder darlle un tempo e atencións de calidade, de axudalo a sentirse útil e de compartir momentos xunto á persoa que el adoptou como amigo.

    ResponderEliminar
  3. Vitoria4/6/12

    Ler en bicicleta?
    Mira o que contesta Lezama Lima ós que botan a culpa de que non len á televisión, ou ó cine, ou a internet...:
    "Ya en el siglo pasado, el librero Choiseul decía: “La bicicleta mata la lectura”. Nada podrá desviar al hombre hecho para la lectura. Esa es una constante, una clase, la de los lectores, que nada podrá extraerles las barbas de las escrituras. Existe el mundo de la bicicleta, existe el mundo de los lectores, y al utilizarse la ley de los equilibrios, lo único que podrá suceder es que se lea en esa misma paleontología, la bicicleta."
    Paleontoloxía, a bicicleta? Que xenial!

    ResponderEliminar
  4. "Nada podrá desviar al hombre hecho para la lectura... nada podrá extraerles las barbas de las escrituras".
    Que grande!

    Paleontoloxía + Bicicleta = Xadrez con música. Poesía pura. "Paradiso".

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...