Saltar ao contido principal

Cousas moi serias

Hai cousas tan graves e serias na vida, que so podemos soportalas de dúas formasA primeira: con humor. Humor irónico, hábil e ácido, que equivale á máis mordaz e intelixente das críticas.


E a segunda: con compromiso. Reaccionando como cidadáns críticos e intelixentes, que non tragan sen máis, e dispostos a defender os nosos dereitos. Especialmente aqueles que contribúen a facernos máis libres como persoas, e a mellorarnos como sociedade. Falo de Educación.

Exemplo de compromiso é o que pasou hai so dous días. Compañeiros vosos, meus e tamén pais de alumnos, decidiron pecharse no instituto (Santo Tomé, Vigo) e pasar toda a noite nel, en protesta contra os gravísimos recortes xa feitos e por vir na educación pública. Pareceume unha forma orixinal, chamativa, valente e dignísima de comprometerse e de loitar por unha educación pública de calidade. Un dereito que vós e máis eu tivemos grazas aos que nos precederon, que ten un incalculable valor para o desenvolvemento dun país e que agora nos corresponde defender a todos. E como os desertos se fan con graos de area, aquí vai este. A ver se facemos unha boa duna.

Comentarios

  1. Sandra24/5/12

    Qué crack José Mota!! e non se darán por aludidos os políticos...??!!!! porque recortes en ensinanza parece que os tiveron eles de pequenos, (onde non hai non se pode pedir...).
    É triste que valoren tan pouco algo tan importante e primordial coma a ensinanza e a sanidade, moi triste...Mentres eles seguen cos seus cartos a rebosar no peto, nos bancos ,coches, casas, pensión vitalicias, etc etc. Unha vergoña!!

    ResponderEliminar
  2. O de darse por aludidos non é deporte habitual dos que mandan. Se o fose, caería algunha dimisión de cando en vez, e xa non lembro nin a última.

    Pero bueno, aquí estamos nós para, como mínimo, dicirlles non a aquelo que non nos gusta.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...