Saltar ao contido principal

No somos cojos, somos cojonudos

Ambos chámanse Albert e comparten algo que os fai únicos: que padeceron enfermidades moi importantes, pero que souberon afrontalas e superalas cunha actitude xenial. De xenio. 

O primeiro deles quizá vos sone, pois xa lle dedicáramos unha entrada hai tempo por unha entrevista fantástica en Buenafuente (clic AQUÍ). É Albert Casals: 19 anos de idade e en cadeira de rodas despois de perder as pernas por unha leucemia. A pesar de iso (ou grazas a iso?), leva recorridos xa máis de corenta países, pois desde os 15 viaxa (sen cartos!) por todo o mundo. Imposible non sorrir ao velo, e menos aínda non pararse a pensar ao escoitalo. 

"Tenemos miedo de demasiadas cosas, y el miedo es lo contrario a la felicidad"



O segundo é Albert Espinosa: escritor de novelas superventas que acaso coñezades (como "Si tú me dices vén lo dejo todo... pero dime vén"), e guionista de películas tan entrañables como Héroes ou Planta 4ª. A el tocoulle padecer nada menos que tres cancros, pasar dez anos metido nun hospital e perder unha perna, un pulmón e medio fígado. Pero ten un sorriso inalterable e rezuma tanta vida como catro persoas xuntas... Ou eran 4,8? (a resposta e explicación no vídeo, claro). 

Teníamos un grito de guerra en el hospital: no somos cojos, somos cojonudos
En el hospital no te mueres de cáncer, te mueres de aburrimiento
Antes de perder la pierna, le hice una fiesta de despedida
Soy el único que puede decir aquí que tiene un pie en el cementerio
Cuando crees que conoces todas las respuestas, llega el universo y te cambia todas las preguntas


Como dirían eles,  Cojos no, cojonudos.

Comentarios

  1. marisa27/4/12

    Que fermosa entrada, a verdade é que a Albert Casals xa o vira en Buenafuente e quedei alucinada vendo por todo o que había pasado a actitude que tén e ademais gustoume moito escoitalo, é admirable. Albert Espinosa non queda atrás, os dous pasaron por momentos moi difíciles pero saben sacar o mellor de esa experiencia. ¡mais que cojonudos!

    ResponderEliminar
  2. Que se pode engadir dalguén capaz de facer correr unha cadeira de rodas no camiño de pedras que queda entre as vías do tren?

    Calquera palabra é inútil.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...