Saltar ao contido principal

Na procura da felicidade

Foi unha semana rara: avaliacións, exames xa feitos, folga, fin de trimestre e, nun dos cursos, a metade da clase de viaxe en París; por certo, co importante encargo de enviar unhas postais... que aínda non chegaron! Para sobrelevar tanta rareza, optamos por unha peli: "Na procura da felicidade".

Felicidade é conquistar un obxectivo e saber todo o que traballaches por chegar ata el. Podería poñer mil exemplos, mil libros, mil películas que falan disto. Pero vimos unha, e hoxe comparto con todos vós a escena que máis me gusta:

Comentarios

  1. Recordo ir ver esta película ao cine. Chorei desde o minuto 20 ata o final. Non volvín vivir unha historia así no cine, con tanta intensidad, en moito tempo.

    Felicidade para min é saltar baixo a choiva. Sempre que me imaxino a min mesma FELIZ (con maiúscula), estou saltando sobre unha daquelas camas elásticas que había nas festas de Chapela e as que eu tanto subín. E salto baixo a choiva mentras sona Have you ever seen the rain, de Creedence.
    Sei que é unha tontería, pero é a miña imaxe da felicidade.

    ResponderEliminar
  2. Gústame esa imaxe de felicidade. Pequena e concentrada, desas que nunca se van da memoria, de tan sinxelas. E gústame tamén a música que pon ritmo aos incesantes saltos baixo a chuvia. Coa ría ao fondo, e os reflexos das luces abaneándose lentos sobre a superficie ondulante do mar.

    Non está nada mal!

    Grazas C., por compartilo e por poñer banda sonora a esta entrada:
    http://www.youtube.com/watch?v=TS9_ipu9GKw
    Creo que lle cae moi ben.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...