Saltar ao contido principal

A Curota: para mirar e mirar e mirar...

Esta finde fixen a ruta da nosa excursión de 3º. Enteira e de cabo a rabo. Ou case. Aproveitei para buscar, calcular tempos, descubrir puntos de vista, tender trampas e recoller miguiñas para compartir en Caronte. Así que, aínda que teño as imaxes da viaxe ben frescas na retina, desde hoxe e ata o día da excursión, publicarei tres entradas acerca da nosa viaxe, a cal máis prometedora, creo. E aquí vai a primeira. Para ir abrindo boca! Mirade o que se mira, desde o miradoiro da Curota (a última pista que desvelastes). Espectáculo puro. 

Facendo Clic, ábrese unha panorámica enoooorme 
e podedes mover a imaxe co rato!


Faltan 16 días!

Comentarios

  1. Silvia23/4/12

    Alaaaa que vistaaas! Góstame, góstame :)

    ResponderEliminar
  2. Pois cando estedes alí, xa veredes! (nunca mellor dito). Unha clase práctica de Xeografía nunha soa ollada.

    Aí vese Corrubedo, Ribeira, Palmeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Vilagarcía, Cambados, O Grove, a illa de Arousa, a illa de Ons, as illas Cíes, Baiona... Como dirian en Toy Story, "ata o infinito e máis alá".

    ResponderEliminar
  3. Samantha23/4/12

    Profe, esto é precioso!! :)
    (Conta atrás: 16 días... ¡Que ilusión!)

    ResponderEliminar
  4. Paula25/4/12

    Este lugar para sacar fotos como a min me gusta e xenial,vai ser xenial jejeje 16 días,ainda falta un pouquiño :)

    ResponderEliminar
  5. Lucía Otero25/4/12

    Profe tes toda a razón un lugar fermosisimo esperamos que faga bo dia porque ultimamente so fai que chover...
    PD:non é esta paisaxe pero ainda asi teño a sorte de ver desde a ventá da miña habitacion unha ben parecida...

    ResponderEliminar
  6. Paula, ides poder facer unhas fotos únicas desde aí. A imaxe que vedes son varias fotografías que tomei e despois unín para sacar esta panorámica. E aínda así, non sae todo!!

    Mellor que chova agora que non en maio! De todos modos, un día como o da imaxe, nubrado e sen sol, sería o mellor. Ese día había unha luz espectacular. Vaivos encantar!

    ResponderEliminar
  7. Silvia26/4/12

    No tempo pon que en Corrubedo o 9 de Maio vai chover e tronar. :( Pero bueno, todo pode cambiar.

    ResponderEliminar
  8. A 14 días é difícil acertar incluso para os meteorólogos. Vamos a ser optimistas e pensar que estaría como hoxe: nubes e algunha pinga de auga para botar unha carreira.

    Se cando falte menos a previsión é a que di Silvia, moveríamos a data a un día de moito Lorenzo.

    ResponderEliminar
  9. Samantha28/4/12

    Non hai que ser pesimistas... Esperémos que faga sol :)

    ResponderEliminar
  10. Agardemos a este xoves, a ver que nos din os meteorólogos. Que teñamos sorte.

    ResponderEliminar
  11. Silvia3/5/12

    http://www.tiempo.com/corrubedo.htm

    Bueno pon que vai facer choiva, pero tamén sol. :D

    ResponderEliminar
  12. De momento, dan alta probabilidade de choiva; pero bueno, xa vedes hoxe: empezou chovendo a mares, e agora está todo seco!

    Un pouco de auga tampouco vai impedir que fagamos deste un día para lembrar!

    ResponderEliminar
  13. Lucía10/5/12

    ES MUY BONITO! Yo quería ir pero al final nada. Nos aburrimos un poco en clase pero, para la próxima iré seguro.

    ResponderEliminar
  14. Contamos contigo Lucía! Estuda moito para non faltarnos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...