Saltar ao contido principal

Chico y Rita

Esta noite entréganse os Óscar. E neles compite Chico y Ritaunha peli española que é un pedazo de obra de arte, e que loitará hoxe por gañar na sección de Mellor Película de Animación.


Chico é o pianista. Rita é a cantante. Pero xuntos son o talento, a sensualidade, a cor, a música, o amor, a vida... A súa historia é como a dunha desas cancións que narran un amor de idas e voltas que, por ridículos e imposibles azares da vida, nunca remata de atopar a oportunidade que merece. É a historia dun amor imantado, magnético. 

Os escenarios son coma eles: por un lado, a hipnótica La Habana de 1949, unha cidade de balcóns abertos e cores luminosas; polo outro o New York de inicios de 1950, noitarego e preñado de promesas. Pero máis aló dos trazos, do cómic, das cores, toda a película é unha explosión visual e acústica que retrata unha época de novos grafismos, moda, curvas, coches, arquitectura, neóns, carteis publicitarios, cabarets e clubs de jazz... Podedes comprobar fermosos detalles do como se fixo AQUÍ. O trailer, coma sempre, facendo clic no cartel.

Quizá vos atrape. 
Quizá vos vexades nela. 
Quizá coñezades un Chico ou unha Rita que vos faga ir e vir. 
Quizá un día fagades unha longa viaxe para dicirlle a alguén: Necesitaba volver a besarte

CHICO Y RITA, F. Trueba e J. Mariscal
Sorte esta noite, en Los Ángeles.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...