Saltar ao contido principal

Arrugas

Marabillosa. Entrañable. Emotiva. Necesaria.
Primeiro en cómic, e agora adaptado a película, "Arrugas" é unha pequena obra de arte sobre a vellez, o paso do tempo e esa erosión abrasiva da memoria que chamamos alzheimer... Un pedaciño de chocolate que nos permite ver, coñecer e entender mellor como é a vida para os avós, e para nós mesmos chegados a esa idade... Para min, algo así como as sensacións que vós rescatastes no inesquecible Vellos con Historia. Quizá non todos entendan este tipo de tesouro... Pero estou seguro de que vós, si. Se podedes, ide ao cine a vela. Non a esqueceredes facilmente.
Dedicado aos anciáns de hoxe. Dedicado aos anciáns de mañá...

Facendo clic aquí ou no cartel da película, podedes ver o trailer.

Comentarios

  1. Sandra30/1/12

    Certo Miguel, é unha peli que ninguén debería perderse, moi necesaria.Grande o cómic e grande a película!!Encantoume, debería haber máis películas así.Moi emocionante.Eu tamén a recomendo!!!!

    ResponderEliminar
  2. "La vejez es una broma pesada"
    "Los viejos nos conformamos con tan poco..."
    "Cambiar el mundo es algo muy serio como para dejárselo a los jóvenes"...

    Son frases de Arrugas. Pero creo que o que máis me gusta desta película son os silencios. Quizá porque penso que a vellez está cheo deles. Como diría Alfredo en "Cinema Paradiso": "tarde o temprano llega un momento en que hablar o estar callado es algo parecido".

    Se teño que escoller un momento de entrañable sorriso, quédome coa historia de Dolores e Modesto. Esa que explica por qué motivo un instante vivido na xuventude é capaz de agarrarse á memoria e non soltarse nin sequera soplando forte o furacán Alzheimer:
    -¿Dolores, qué le dice a Modesto para que sonría?
    -Oh, nada. Le digo tramposo. (...)

    ResponderEliminar
  3. Javier F. Abraira2/2/12

    Se podo heina de ver. Se che gustan os silencios no cine hai unha peli que está en cartelera e que foi do mellor que vin ultimamente en podiamos chamarlle cine comercial. É Drive, unha peli que persoalmente me deixou marabillado, claro que ao mellor xa a viches, jeje porque leva 1 mes en cartel. Deixoche unha critica pa que te fagas unha idea. http://www.trailersyestrenos.es/2011/12/critica-drive-oscura-sensible-y-brutal.html
    Non te arrepentirás!

    ResponderEliminar
  4. Ola Javier! Vin "Drive" ao pouco de saír. Non é o tipo de peli que máis me gusta e incluso parecía algo moi típico, pero ao vela sorprendeume moito e para ben. Como ti dis, está feita de silencios. E, como apunta a túa crítica, logra ser sensible e brutal a un tempo.

    ResponderEliminar
  5. Marisa5/2/12

    A min tamén me encantou primeiro o cómic e logo a peli é moi emocionante volvería a vela sen dubidar un segundo. ¡Moi entrañable! Para min que son moi sensible con temas da vellez (entre outros), un pouco triste no comezo, son da opinión que debemos coidar dos nosos maiores porque eles son os primeiros que o deixan todo por nós, tamén entendo que as veces non hai mais remedio, sobre todo no caso dunha doenza que non nos podamos facer cargo. ¡Ide a vela!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...