Saltar ao contido principal

Rebelión na granxa

Non me diredes que desta vez non lle puxen creatividade á hora de facer a foto! A historia ben o merece... Ollo senón a esta impresionante fábula.



A arenga comeza así: "El hombre es el único ser que consume sin producir. No da leche, no pone huevos, es demasiado débil para tirar del arado... Sin embargo es dueño y señor de todos los animales. Los hace trabajar, les da el mínimo necesario para mantenerlos y lo demás se lo guarda para él... ¿No resulta entonces de una claridad meridiana, camaradas, que todos los males de nuestras vidas provienen de la tiranía de los seres humanos? Eliminad tan sólo al Hombre, y el producto de nuestro trabajo nos pertenecerá.".

Seguindo os consellos dun enorme cocho que puido vivir e ver máis do habitual, os animais do señor Jones rebélanse contra os seus amos humanos e, tras lograr expulsalos, fanse co poder e as rendas do funcionamento da granxa, cos cochos como clase dirixente. Pero rapidamente estes iranse corrompendo co poder (¿sónavos?) para rematar instaurando unha tiranía igual ou peor que a existente antes da rebelión, baixo o enrevesado lema "Todos los animales son iguales. Pero algunos animales son más iguales que otros".

Orwell publicou este libro en 1945, con moita da Historia que hoxe estudamos vivida e ben vivida na súa propia pel. Pero a súa intención non era un conto para nenos, senón amosar ao mundo a verdadeira cara do réxime soviético de Stalin. Aí é nada... Só un xenio podía contalo dunha maneira tan clara e sinxela de entender. Así que, a pouco que vos fixedes, toda a novela vos resultará en realidade unha caricatura habilísima, certeira e descarnada da impresionante maraña de personaxes, ideas e feitos que formaron parte desa Historia. Que por certo é sempre a mesma: a loita polo triunfo duns ideais nobres, botada a perder baixo a tutela de dirixentes case sempre sectarios, egoístas, tiranos, manipuladores, corruptos...  De, como dirían os vellos: "moita xente, e poucas personas...". 


REBELIÓN EN LA GRANJA, de George Orwell

Comentarios

  1. Marcela9/12/11

    Non sei se está pensado, pero o feito de que un dos cochiños mire cara arriba, cara nos, da unha sensación de magnetismo incrible, como se os propios personaxes nos chamasen a descubrilos, ou como se este nos estivese botando o ollo para arrebatarnos o poder ^^

    ResponderEliminar
  2. Supoño que nos mira así un pouco polos dous motivos... aínda que eu me incline máis polo segundo.
    Probei uns cantos encadres, e pareceume potente o feito de que nos mirase aos ollos, retador...
    Así que, quedades presentados: Aquí Marcela, lectora intelixente, e aló Snowball e Napoleón, os dous cochos instigadores da rebelión. Este último é xustamente o que nos reta coa mirada. Perigoso e manipulador ata a dor. O que avisa non traizoa...
    Cada animal representa un tipo de conducta ou de persoa concreta. Lamentei non ter un cabaliño... o seu é o papel máis digno de todos.

    ResponderEliminar
  3. Este tócalle despois do ''Silmarillion''.... de Orwel xa lein ''1984'' e a verdade é que se converteu nun dos meus libros favoritos, por detrás de ''El Padrino''.
    Gran libro seguro e mellor escritor!
    Un Saudo Miguel!

    P.D. Sigo insistindo en que tes que ver ''Érase una vez en América''

    P.D.2. Visitade a Escena Da Semana!!
    http://aclockworkfiction.blogspot.com/p/escena-da-semana.html
    (Perdón polo Spam)

    ResponderEliminar
  4. Os "ministerios", a "habitación 101", a "neolingua"... Tamén lin "1984" hai tempo, e impactoume tanto como a ti, Duarte. Por visionaria, por agobiante, polo que ten de crítico e denuncia da ameaza dos totalitarismos. "Rebelión na granxa" é moito máis breve e sinxelo de ler, pero ambos libros teñen en común o obxectivo de advertirnos contra a mesma ameaza.
    Jajaja, aquí Aclockworkfiction nunca será Spam. E menos con ese pedazo de entrada (e sección) detrás.
    Tomo nota urxente da insistencia, que non esquecera en absoluto: para 225 minutos, máis que ter un oco fai falla un furado... xa case o teño.

    ResponderEliminar
  5. Un libro para apuntarse. Aunque coa lista que xa che dixen de libros que teno...vou tadar en leelo.

    Creo que teno unha adiccion...lein Hamlet, volvino a leer anotanto e analizando todas as accions e....teno ganas de volvelo a leer. Pasareime toda a vida leendo Hamlet? jajaja
    Loitarei para quitar esta obsesion e centrarme en El Halcon Maltes. jeje

    ResponderEliminar
  6. Bueno, de Hamlet a Hammet (autor de El Halcón Maltés) tampouco hai moito... A vida está feita de curiosas coincidencias.
    Non lin "El Halcón Maltés", porque a novela negra non me gusta especialmente (quizá precisamente porque non adoito lela). Pero a historia vén dun episodio histórico moi interesante, que é a obriga que Carlos V, como rei de España, lle impuxo aos cabaleiros da Orden de San Juan de Jerusalén a cambio de cederlles a illa de Malta. Cada ano, os cabaleiros debían entregar á coroa española, como tributo, un falcón de cetrería, debidamente adestrado para a caza. E os cabaleiros cumpriron relixiosamente (nunca mellor dito) ano tras ano, durante nada menos que tres séculos, ata que Napoléon, moi farruco e en pleno crecemento como militar, os chimpou da illa.
    Xa contarás se a lectura paga a pena!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...