Falando de galgos... Onte vin na tele algo que me gustou especialmente. Trátase da triste historia de Shoco. Unha historia que, grazas a Galgos 112 e a César Millán, ten un final feliz, á altura dun can así.
Un blog para compartir as clases e a vida
%2B00.56.52.png)
Buf!! caenme as lágrimas e teño un nó no estómago.Qué emocionante!! qué GRANDE! precioso programa e grande asociación! Dá gusto ver que existe boa xente, con nobles sentimentos e sensibilidade. Ogallá Choco e todos os animais deste mundo sexan felices,meréceno! E dende agora non me perdo este programa!
ResponderEliminarOs do vídeo son minutos doces, e a verdade é que de cando en vez tamén fan falla...
ResponderEliminarPero en realidade teríame gustado amosarvos os dez minutos previos a estas imaxes que se ven no vídeo, cando van pasando pola pantalla as descarnadas imaxes de galgos afogados en pozos, mutilados, calcinados ou aforcados (a pares) nas ramas dunha árbore.
Así somos. Indignos como ningunha outra especie do planeta.
Moi bo video e historia... sobretodo emotiva, que invita a reflexión. E como non! Cesar Millan...o Einstein moderno dos cans jajaja Cantos capitulos non teno visto eu dos programas de este home! Un home que trata aos cans mellor que os humanos e axudandoos a sair dos seus medos e das suas crises.
ResponderEliminarÉ vergonzoso que haxa xente que maltrate animais, tanto fisica como emocionalmente.
Pero...como ven sabedes, noutras culturas comense os cans e para eles os cans son como para nos os cochos, crialos e matalos para alimento. Esa xente realmente e indigna? somos nos tan indignos como eles? nuns paises é ilegal comer cans e é legal porcos, acaso os porcos non gozan de sensibilidade como os cans?
En fin...cando se xunta o instinto animal e a sensibilidade xurden as dudas. jeje
Pois si, somos indignos. Dos cans, e dos demais.
ResponderEliminarO que pasa é que unha cousa é matar coa escusa (discutible) de comer, e outra ben distinta por puro pracer (coma no caso dos galgos, os touros...).
Totalmente de acordo co dos cochos. E como o lea Sandra (outra amiga que de vez en cando se deixa caer por estas moedas), faise fan e xa temos montada a Asociación "Xustiza para os cochos". Fóra bromas, hoxe mesmo, o informativo de TVE emitiu unha noticia na que se denuncia o terrible maltrato que reciben os animais en xeral nos matadoiros, onde matar e facer sufrir non parecen ter distinción ningunha para nós. Teño visto un documental arrepiante que non me atrevín a colgar no blog. Tan duro, que me fai sentir culpable de non ser vexetariano.