Saltar ao contido principal

A curta máis curta da historia dos vampiros

Cantas películas hai sobre Drácula ou os vampiros? Centos? Miles? Poucas están á altura da alucinante e extraordinaria novela de Bram Stoker (nunca me cansarei de recomendarvos que a leades!). Pero esta ten algo especial: é a curta máis curta que nunca se fixo sobre o tema, e creo que ao xenial autor inglés lle gustaría moito.

Máis rápida? Imposible.
Máis sinxela? Complicado.
Máis orixinal? Valorade vós mesmos. 


Probade a dar ao Play catro ou cinco veces seguidas... 
Canto máis o ves, mellor se apreza a xenialidade!

Comentarios

  1. Xenial! Que pena non descubrila antes! Os lectores do Librako gozaríamos moito fai dous anos con esta curta nuha das nosas sesións.
    É unha interpretación orixinal e especial da obra.

    ResponderEliminar
  2. Denís18/12/11

    Que grandes os 5 segundos! Resplandece de orixinalidade por todos os costados.
    Aún sen leer a obra, as películas que mais me gustan de este tema son as duas de Nosferatu, a de 1922 e a de 1979. As dúas teñen como unha atmósfera esencial, que non encontro nas demáis.

    ResponderEliminar
  3. Sandra19/12/11

    Xenial!! encántame!!

    ResponderEliminar
  4. A verdade é que si... é desas ideas que a un lle fan sorrir, especialmente ao que se lle ocorren. Empregar o afiado lapis como mortífera estaca é orixinal a rabear.
    Denís: teño Nosferatu, a de 1979, a punto para ver nunha xélida noite calquera deste inverno.

    ResponderEliminar
  5. Coa mesma duración que un estornudo e a mesma intensidade dunha montaña rusa...

    ResponderEliminar
  6. Gema Carballal.30/12/11

    Que bo!
    Eu tampouco nunca me cansarei de recomendar esa grande obra de Bram Stoker!!!
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  7. Non coñezo a lector algún que quedara defraudado con ese pedazo de libro. Máis de cen anos despois de ser escrito, cómese ao lector dun bocado.
    Un saúdo Gema!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...