Saltar ao contido principal

Lotería da vida


Son eu. Mirade ben. Nacido en China, porque xoguei á lotería da vida. E non me refiro á da ONCE (11/11/11), que na vida non todas as loterías teñen que ver cos cartos. Refírome a outra.

A que puxo en marcha Save the Children para ensinarnos que a vida é puro azar. Que nacimos aquí, pero puido ser noutro lugar do mundo. Porque se xogásemos a sacar a bola outra vez, seguramente nos tocaría en Asia, ou en África, ou en América do Sur, ou nun lugar no que precisariamos de máis axuda que a da nosa nai para lograr saír adiante. É estatística, e é real. E, entre todos, temos que lograr cambiar a sorte deses nenos.

Probade a vosa sorte AQUÍ. Para entender. E despois, contádesnos.

Comentarios

  1. El 12 de noviembre de 2011 nazco en Filipinas. En un país donde el castigo corporal es permitido, donde se comercia con vidas humanas, en una una zona azotada por los desastres naturales... A los 10 años acabará mi infancia porque me obligarán a casarme.

    Gracias Miguel por compartir este enlace.
    Es bueno no olvidar lo privilegiados que somos y la suerte que hemos tenido en la lotería de la vida.

    ResponderEliminar
  2. Alba Malva13/11/11

    Eu son un precioso bebé negrito nacido en Sudán! Leccións destas nunca están de máis aínda que sexa sábado...

    ResponderEliminar
  3. Sandra14/11/11

    Son unha preciosa bebé que naceu na República do Congo e só ve-la xa dan ganas de collela no colo e non soltala máis,axudala todo o posible,darlle cariño e unha vida digna,como merecen todos os nenos do mundo! Loitemos por eso!
    Moi boa idea a de Save the children! grazas por compartila Miguel!

    ResponderEliminar
  4. Son unha preciosa nena china!! Cada vez que vexo algo disto danme ganas de chorar, é conmovedor á par que triste, e o peor, que é certo. Grazas Miguel.

    ResponderEliminar
  5. Filipina, Sudanesa, Congoleña, unha Chinesa e un Chinés. A verdade, non coñezo unha familia máis rica cá esta...
    Grazas a vós, por compartir aquí tempo, curiosidade, entusiasmo, sensibilidade... e a lotería da vida.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...