Saltar ao contido principal

Profes e manías

Eses profes tan... recoñecibles. Risas e crítica mordaz, todo nun.


Esmendrello coa risa! Cada vez que o vexo. Pero teño algo que alegar á excelente interpretación dos dous actores: Brunelleschi nunca pintou a cúpula da catedral de Florencia, nin por dentro nin por fóra; so se encargou de facela... (ou...¿será que tamén eu lle estou collendo manía a González?).

O outro vídeo da certeira serie El profe me tiene manía vai de cromos (un clásico), e tampouco ten desperdicio. Déixovolo AQUÍ. Aproveitade para facer sangue. Non hai dor!

Comentarios

  1. Sandra1/12/11

    Neste caso vai ser verdade, eh!!

    ResponderEliminar
  2. Non tal: ben se ve que é un rapaz moi listo.
    O meu momento favorito é cando o neno lle espeta iso de "me tiene manía porque mi padre le robó una novia en la universidad"... Ademais de: "la pregunta era quién pintó la cúpula por fuera, no por dentro...".

    ResponderEliminar
  3. Sandra2/12/11

    Claro que sí o rapaz é moi listo, pero a diana tra-la porta do despacho do profe?? jajajaja!
    tenlla gardada o pai dor rapaz, eh!!

    ResponderEliminar
  4. Moi bo jaja Seguro que houbo uns cantos profesores asi jajjajajaja

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...