Saltar ao contido principal

A vergoña de ser humano

Hoxe súmome ás miñas veciñas de tecla do blog diasdesolechoiva, á hora de avergoñarme e de denunciar os lamentables aportes (¿como chamalos?) da humanidade ao universo. Recoméndovos encarecidamente que vexades o segundo dos vídeos que alí publican. Porque non hai palabras para describir algo así. Que unha nena de apenas catro anos sexa atropelada por un camión, que o condutor pare e decida seguir coma se nada pasando outra roda por riba do corpo, que os peóns esquiven á agonizante criatura desviando a mirada  e os pasos, ou que ninguén pegue un berro para espertar a pasividade de tanto imbécil, son cousas que lle fan a un baixar a cabeza e clamar por un meteorito que nos revente a todos.

Para sumarme, hoxe retomo a palabra deforestación. Porque o maltrato non sempre é entre nós, senón tamén con todo o que ten vida. Non fai falta ir moi lonxe para velo. Os montes de Ourense (incluídos os Parques Naturais de Xurés e do Invernadoiro e todas as especies animais e vexetais que teñen alí a súa casa) levan catro días devastados por inmensos incendios que o están carbonizando todo e son so responsabilidade nosa. Como era de agardar, todos os lumes foron coidadosamente plantados (que contradición empregar esta palabra) ao pouco de que a Xunta prescindise das brigadas. A vaga de calor e a falta de chuvia que vivimos está a poñer o resto. 

Fonte: El País e Greenpeace


Quedaremos desertizados, como a meseta. Que non haxa dúbidas. É cuestión de moi poucos anos. A este ritmo, entre o abandono do rural e tanto paletoide incendiario, a todos nos tocará velo e vivilo: montes máis pelados que unha pedra, ausencia total de vexetación e vida animal, ríos sen auga, carencia de fontes e nin unha triste sombra para gardarse dun Sol que, sen dúbida, ténnola gardada. Sen contar a posibilidade das vítimas entre os que se xogan a vida para apagar o lume (clic para ver).

Lembrades o verán do 2006? 1.970 incendios forestais e non aprendimos nada. E así acabaremos. Queimados. Como a terra.

Comentarios

  1. Marcela20/10/11

    Primeiro moitas grazas por ler o artigo, gustaríame mostrar unha pardoxa con este vídeo, o cal saíu nas noticias un día despois ao tráxico accidente http://www.youtube.com/watch?v=qUOsu896Nys sinceramente descoñecía que o valor da vida tamén se sometera a lei da oferta e a demanda, canta espectación provocan estas criaturas, e que pouco valor ten unha nena.
    En canto ao tema da deforestación, e tamén aplicabbe a todo aquilo sobre o que incidimos... creo que non somos conscientes de que o mundo non é noso, senon que formamos parte del. Actuamos como bolboretas, que ao bater as alas repercutimos en mil cousas que á súa vez o farán a outras mil, pero o noso egocentrismo non nos permite ver máis aló de nos mesmos. O paisano e o seu único medio de subsistencia, os animais e as persoas que vivían deles... un incendio non acaba cun monte, acaba coa xente que depende del, e aquela que a súa vez depende desta xente... camiñamos cos ollos pechados.

    ResponderEliminar
  2. Que ben traído ese segundo vídeo ao que nos dirixe o teu comentario, Marcela. Que contraste tan difícil de entender. Canto interese pola vida cando está tras un vidro, e canto desdén cando non.
    En realidade o humano sempre foi así: egoísta por natureza. E case todos os males do mundo se explican por iso. Pero hoxe ao noso egoísmo súmanselle as présas. Porque vivimos con tanta présa, que nin sequera atopamos o tempo para deternos a pensar se somos como desexábamos ser. Por iso, se alguén nos gravase cunha cámara no día a día, e despois puidésemos vernos nunha pantalla, dificilmente atoparíamos a alguén plenamente satisfeito de si mesmo.

    ResponderEliminar
  3. Denís21/10/11

    Se ves a rueda de prensa en youtube (1h) de Tinieblas Gonzalez (director de cine) que fala sobre a industria cinematografica espanola...seguro que dá para reportaxe no teu blog. O que naide se atreveu a escupir... el nolo escupe á cara. Que grande!

    ResponderEliminar
  4. Boísimo, Denís. Un valente cunha causa digna, que merece difusión e entrada propia. Gracias!

    ResponderEliminar
  5. Sandra24/10/11

    Levo días intentando escribrir un comentario nesta entrada,quero dicir tantas cousas en tan pouco espazo que decidín resumilo nunha palabra de moda xustificada nestes tempos: INDIGNADA!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...