Saltar ao contido principal

A importancia de vivir

Pasa poucas veces. Pero hoxe vin un anuncio de matrícula: dos que falan dos problemas, dos soños e da vida das persoas. Un anuncio que te agarra polas orellas, engánchate ao televisor e mantente en vilo ata o momento final en que sae a marca anunciante. Tres minutos! para contar con tempo e calma a necesidade de non matar a vida con tanto mundo virtual; a enorme importancia de non esquecerse de vivir...

E si, tamén isto persegue vender, pero... 
acaso lembrades moitos anuncios así?


Comentarios

  1. Nerea13/9/11

    O anuncio é moi bonito e para min simula tal como é a realidade hoxe en día. Eu non me sinto moi identificada porque por sorte (ou eso creo eu) vivo no rural e aínda que non temos todo como na cidade, temos outra forma de pasar o tempo, aínda que cada vez estamos máis "contaminados" polo mundo virtual

    ResponderEliminar
  2. Miriam13/9/11

    Vin onte o anuncio!e de veras que te colle polas orellas.Estaba miña ermá facendo ruído e pedinlle que parara un momento, quería saber de que se trataba e ao mesmo tempo via como me mostraba en pouco tempo a vida real,non era capaz de quitarlle ollo...abofé que non recordo ningún outro coma este.Encantoume!

    ResponderEliminar
  3. Primeiro interese, despois sorpresa, e acabas sorrindo... Unha gozada de anuncio: mellor que o 50% da grella televisiva.
    Nerea: tédelo todo. E enriba, están as empanadas do Muriato e compañía. Non en serio: o que falta é accesorio, con telo a tiro de coche é suficiente.

    ResponderEliminar
  4. Nerea14/9/11

    As empanadas do Muriato son as mellores jeje Tes razón no de que todo está a tiro de coche:)

    ResponderEliminar
  5. Sandra14/9/11

    Encántame! é boísimo!! recórdame aos meus avós,a miña infancia nas súas casas,qué ben o temos pasado! Qué grande e vivir nun sitio así,sobran videoconsolas,pda,ect e é certo tendo a tiro de coche,non necesitas nada máis.Eso é vivir ben, é como din noutros grandes anuncios,os de Ikea : "no es más rico el que más tiene,sino el que menos necesita".

    ResponderEliminar
  6. Sandra14/9/11

    ah! e eu tamén digo o mesmo...qué ricas as empanadas de Muriato!!!!e o pan!!!!con nocilla!!!!!!!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...

A memoria da choiva

Ollo... Esquecédevos da riquiña  Os fillos do mar . A nova novela de Pedro Feijoo entra polos ollos de maneira despiadada e con auténtica ira. A ira de Rosalía, que emerxe vingadora nunha serie de brutais crimes . Todo iso que nos contaron dunha Rosalía de Castro feble, depresiva e nostálxica quizais non era máis cá un monte de merda arroxado sobre a súa verdadeira personalidade. É que non o vedes? A moitos lobos interesáballe vendela así, manipulada e desdebuxada ata o extremo. Pero sen que eles puideran sabelo, todo ese conto, todas esas mentiras foron inxectando nalguén que permanecía oculto " un sangue negro, duro coma o ferro, un río mesto e pegañento de cólera e desesperación ". E agora, cando menos o agardaban, chegou a hora. Alguén está a tomarse, con violencia e brutalidade extremas,  a xustiza pola man . Santiago de Compostela, ese impresionante escenario . Un coñecido colaborador televisivo aparece asasinado na súa casa cun ferro de vinte e dous centímetr...