Saltar ao contido principal

Publicidade 100% creativa

Cando estabamos en Barcelona, indo no metro, conteille a alguén (eramos 18, non lembro quen) que vira certos exemplos de publicidade aproveitando os asideiros e as barras metálicas ás que nos agarramos no transporte público. Pareceume un espazo publicitario do máis intelixente, creativo e interesante. Porque a publicidade faise con dous obxectivos: o primeiro, chamar a túa atención; e o segundo, quedar facendo eco na túa memoria a maior cantidade de tempo posible: ecoooo, ecooooooooo. Como as cancións de Shakira máis ou menos, só que esta vez si, entendendo a letra. Desta maneira, o anuncio non agarda nunha parede ou nunha pantalla a que o vexas, senón que sae directamente a buscarte e a metérseche entre as mans. E a ver quen é o guapo que non se lembra deles... Creatividade = Eficacia.

Como unha imaxe é mellor cá mil palabras, aquí vos deixo algúns exemplos. Xa me contaredes cal vos sorprendeu máis.


Comentarios

  1. Jeanette12/7/11

    Que interesante, non sabía eu esto...
    pois estan todos chulísimos, pero o que mais me gustou foi o do relo e o da pepsi!

    ResponderEliminar
  2. Si, porque o do pelo e os puñetazos dá un pouco de "yuyu". Dacordo contigo no dos reloxos, Jeanette: unha boa maneira de que a xente os probe, sen agardar a que vaian á reloxería.

    ResponderEliminar
  3. Os mellores son os de Amnistía Internacional e o da cerveza. O equipo de marketing de Gang Films (o sea, David) xa está pensando en algo, pero en Meira non hai metro...

    ResponderEliminar
  4. É certo: pero hai "línea", que mola moito.
    Por outra parte, hai moitas portas con tirón: o pozo, o tibor, a flor, o centro, o cazoleiro, o pedreira... Será por bares!
    Se non funciona, xa teríades que ir aos negocios seguros como a igrexa ou a funeraria.
    David, dalle aos miolos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...