Saltar ao contido principal

Gran Torino


"¿Nunca os habéis cruzado con alguien a quien no deberíais haber puteado? Ese soy yo."
"Virgen santa, estos 'jamones' son un auténtico coñazo"
"Dios, tengo más cosas en común con estos amarillos que con mi maldita familia"

GRAN TORINO, de Clint Eastwood

Grazas a Nerea e Sandra, onte volvín a vela. E paseino como había tempo que non o pasaba.

Adoro a Clint Eastwood, ese tío duro que de novo interpretou a "Harry el Sucio" e todos os Harry posibles, e de vello, igual de duro e implacable, dirixe e protagoniza pelis tan grandes como "Million Dollar Baby" ou "Gran Torino" (ficha AQUÍ).

Walt Kowalski podería ser o propio Clint. Vai vello, e é un rosmón dos que fan época. Acaba de perder á muller que amaba, non traga á súa familia, e prefire a compañía da súa cadela Daisy antes que a de calquera persoa. Os tres anos que botou na guerra de Corea, facendo cousas horribles coas que ten que vivir, tampouco axudan a que se sinta ben. So o seu precioso Gran Torino do 72 lle fai debuxar un leve sorriso na cara. Se non fose por eses condenados "rollitos de primavera" e "aton-Taos" que empezan a ocupar o seu barrio, e ese maldito cura que se empeña en confesalo... Pero as cousas, non sempre son como parecen... Incluso para un tipo duro como Clint.

Comentarios

  1. Nerea22/7/11

    Encantoume a entrada, grazas pola mención. Clint Eastwood é un pedazo de actor todas as pelis que vín del me marcaron dunha maneira ou doutra. Noraboa polo Blog Miguel.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti, Nerea. Agora, a por "Million dollar baby", "Sin perdón", "Cartas desde Iwo Jima"-"Banderas de nuestros padres", "Los puentes de Madison"...

    ResponderEliminar
  3. Nerea28/7/11

    Miguel, hoxe verei Sin perdón, e intentei descargar Cartas desde Iwo Jima e so a atopo subtitulada, ti sabes donde a podo atopar en español¿

    ResponderEliminar
  4. Boa peli.
    En canto a Cartas desde Iwo Jima, se ten os subtítulos en español é mellor que a vexas así, sen dobraxe. Senón, proba AQUÍ: http://www.divxonline.info/pelicula-divx/2632/Cartas-desde-Iwo-Jima-2006/

    Por certo, viches finalmente "Million Dollar Baby"?

    ResponderEliminar
  5. Sandra2/8/11

    Olaaa! estiven de vacacións e hoxe estoume poñendo ó día no blog.A min,coma a Nerea,tamén me encantou a entrada!!Grazas a ti Miguel,por semellante blog!!no que compartes tantas cousas boas connosco!!Dende o cine non volvín ver "Gran torino",pero lembro e emoción e a sensación de grandeza ó sair do cine,encantoume!qué actor,qué director!!dende logo,para min,un dos mellores!.
    Los puentes de Madison tamén é moi bonita e aínda non vin Million dolar baby,en canto a vexa,cóntovos!!

    ResponderEliminar
  6. Nerea4/8/11

    Olaaaa!! Si que vin Million Dolar Baby, pero xa a vira antes de Gran Torino, e encantoume!!!!!Non sabería escoller entre as dúas pelis!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...