Saltar ao contido principal

Bici extrema

Non sei a vós, pero a min a bici é unha das cousas que máis me gusta na vida.  É impagable o ruído das rodas ao pedalear sobre un camiño de terra, a sensación de ilimitada liberdade cando logras facer con ela un percorrido longuísimo, ou os ratos de infantil diversión que aparecen sempre cando pedaleas.

Asegúrovos que cando paso tempo sen usala sorrío con só subir á miña bici. Excepto, claro está, cando o camiño se pon moi costa arriba... Bueno, ou moi costa abaixo, como aquí. Entón xa non é so diversión ou reto, senón brutal e arriscado perigo. Agarrádevos aos frenos!

Comentarios

  1. Iria García18/7/11

    buuf...qe tolería! mimadriña, pensei qtiña que parar o vídeo cando se puxo a baixar todas as escaleiras... vaia máquina!

    ResponderEliminar
  2. E cando aparece o can no medio, que?
    "Pa matarse" alí os dous.

    ResponderEliminar
  3. Nerea19/7/11

    Eu cando apareceu o can dixen, aló vai o can, porque levar había levar un bon golpe jeje

    ResponderEliminar
  4. Iso chamase ter uñas e o demais son tonterias jajaja
    Moi bo vídeo si señor, pero sempre fun mais de ver descenso por monte, e mais... IMPRESIONANTE
    A bicicleta podese decir que e un dos mellores inventos do ser humano

    Moi bo traballo o que fas neste blog Miguel :)
    A seguir así ;)
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Sandra20/7/11

    miña nai querida!!!!qué flipe!!non sei si é un crack ou está toliño de todo!joer,qué medo!aínda así é boísimo!!calquera o fai!qué medo o do can,temín que ían os dous a rebolos!A min tamén me encanta a bici,lembro as tardes de verán cos amig@s indo con ela a todas partes,e a "BH" verde do meu irmán,coa que aprendín a andar sen rodíns e paseino pipa ata que xa medrei e quedouseme pequena.Un vídeo alucinante,coma sempre Miguel!

    ResponderEliminar
  6. González: para cando un vídeo teu de descenso por monte? Hai unhas cámaras pequeniñas para levar no casco... Non estaría mal... Caronte ofrécese para compartilo! Grazas polo cumprido, e un abrazo.

    Sandra: Bicicross BH verde, unha bici memorable... Por certo, creo que é as dúas cousas: é un crack, e está tolo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...