Saltar ao contido principal

Pearl Harbor e Metallica

Hoxe toca batallita. Batalla das grandes, contada con cine e música.
II Guerra Mundial (1939-1945): despois de invadir Checoslovaquia, Polonia, Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica, os Balcáns e ata Francia, a Alemaña de Hitler, que estaba obsesionado por ampliar as fronteiras do país a costa das que el consideraba razas inferiores, ten a Europa agarrada polos colares. Italia e Xapón, con gobernos famentos de conquistas territoriais, tratan de seguir ese modelo. Así que os xapos poñen o ollo nos territorios do Pacífico, e EE.UU., que se mantivera á marxe ata entón, empeza a poñerse moi nervioso. E para tratar de atar en corto a Xapón, intenta castigalo economicamente. O nerviosismo estaba xustificado. Mirade, por exemplo, onde está o territorio estadounidense de Hawai (marcado coa A vermella).


E entón ocorre o inesperado. Na mañá do 7 de decembro de 1941, os xapos responden a EE.UU. cun ataque sorpresa, sen previa declaración de guerra, a Pearl Harbor (nas illas Hawai), onde estaba toda a flota naval e aérea encargada da defensa do Pacífico. A sombra de 350 avións nipóns escurece o ceo esa mañá. O resultado: o aniquilamento de 13 buques e 200 avións militares, máis de 2.500 vítimas estadounidenses, e a entrada total de EE.UU. na guerra.

Ningún filme recreou dunha maneira tan espectacular este ataque aéreo como a película Pearl Harbor, de Michael Bay. A peli (unha ficha, aquí), que naquel momento tiña o presuposto máis grande da historia do cine, fracasou no guión; pero as esceas do ataque xaponés son impresionantes, e debedes coñecelas. Por outra parte, creo que poucas músicas lle poden caer mellor que este The Unforgiven II, de Metallica.

Ningunha guerra é moral; pero ás veces, pasada polas artes, pode ata resultar fermosa. Que vos guste tanto como a min...

Comentarios

  1. Paula5/6/11

    Pearl Harbor é a miña peli favorita. Encantame tanto a parte romantica como a parte historica. Vina por primeira vez con dez anos e dende aquela vin moitas mais, pero segue a ser a favorita, de feito a miña epoca da historia contemporanea favorita e a da 2 Guerra Mundial, todo grazas a esta peli, que por outro lado tamén foi a que me influi pa que me gustara tanto a historia

    ResponderEliminar
  2. Pedazo entradón!
    Acabas de xuntar a Segunda Guerra Mundial con Metallica e con Michael Bay! Sublime.
    Pearl Harbor non é que sexa moi boa peli...pero bueno...tampouco está mal, destacan sobre todo, como ti dices, os efectos e eso, que vindo do director de ''Armaggedon'' ou ''Transformers'' era de esperar.
    Por outra parte o conflicto...esta xunto con Vietnam son as miñas guerras fetiche.
    Nota para o autor: Miguel non sei si viches ''Érase una vez en América'', se non a videaches aínda cando teñas tempo (4 horas) botalle un ollo...ou dous mellor, e xa me comentaras que tal...
    P.D. É unha obra maestra...das que se levan o meu 10 en Filmaffinity.

    ResponderEliminar
  3. Paula: sempre hai unha peli que nos marca e nos gaña para o cine... ou para a historia. Eu lembro que o trailer desta peli deixárame coa boca aberta. Sobre todo, coas imaxes dos avións xaponeses vistos desde terra. Imaxinade o que puido ser estar aí (ou en Guernica ou Barcelona, na nosa guerra civil), cando os avións chegaban para bombardealo todo. Niso, esta peli é descomunal.

    Duarte: xa imaxinaba eu que che ía caer ben esta amalgama de guerra, cine e música. A de Vietnam é máis difícil tratala, porque nos caeu moi lonxe e non participamos, pero a través do cine tamén se podería chegar moi ben a ela (que che vou dicir eu a ti!).
    Nunca vin "Érase una vez en América", pero creo que é un peliculón como a copa dun pino. Apúntoma para o verán, e prometo un comentario despois por aquí.

    Por certo, unha pregunta. Hai unha chea de pelis sobre a II guerra mundial e o tema do nazismo. Algunhas, moi boas. Pero, cal é a que vos gusta máis a vós?

    ResponderEliminar
  4. Para mín a que se leva a palma é ''La Lista de Schindler'' de Spielberg, sobre o tema do nazismo creo que é unha das mellores películas que hai agora mesmo. Despois tamén hai outra de Andrzej Munk, ''La Pasajera'' que mostra perfectamente cómo eran os campos de concentración con un guión boísimo.
    Por outra parte tamén temos un documental moi bon sobre os campos de concentración, ''Noche y Niebla'' de Alain Resnais que merece a pena velo, e solo dura 30 min (unha pena)
    Despois tamén temos as que coñecemos todos...''El Gran Dictador'', ''La Vida es Bella'' ou ''Ser o no Ser''.
    Por último mencionar tamén un documental que se fixo fai pouco de 6 horas aproximadamente titulado ''Apocalipsis: La Segunda Guerra Mundial'', na miña opinión boisimo, que narra toda a 2ª Guerra Mundial dende principio a fin con imaxes inéditas e remasterizadas. En España emitiuse na 2.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...