Saltar ao contido principal

A vida, en Cinema Paradiso

Hai películas que todos deberiamos ver algunha vez.
Pelis que se xustifican porque che ensinan o máis difícil de vivir: a vida.
Pelis que se agarran á túa memoria, en forma de imaxes, rostros e frases redondas.
Hai películas... E hai CINE en maiúsculas.


"La vida no es como en las películas; es más difícil"
"Ahora que he perdido la vista, te veo mejor: veo todo lo que no veía antes"
"El progreso, siempre llega tarde"
"Tarde o temprano llega un momento en que hablar o estar callado es algo parecido"
"Yo ya soy viejo. No quiero oírte; sólo quiero oír hablar de ti"
"Hagas lo que hagas, ámalo. Como amabas la cabina del Paradiso cuando eras niño"

CINEMA PARADISO, de Giuseppe Tornatore

Comentarios

  1. Incrible película! e abarca tantos temas como o amor, a vellez, a xuventude, a amizade, a morte, a censura, o paso do tempo, a paixón polo cine, etc. A parte na que Totó é neno e entabla tanta amizade con Alfredo, é sensacional, ademáis quen non viviu unha situación parecida de neno?.
    Unha película que axuda a recordar, tanto cousas das que te esquenceras como cousas que quixeches esquencer. Un film que che mostra a vida diante dos teus ollos, cos seus altos e baixos, unha vida da que poder aprender e sacar conclusións para a nosa.
    En fin, isto é cine, é arte, é maxia.
    O mago Tornatore realizou a súa actuación de maxia e maravillou ao mundo, e claro está que segue a maravillar.

    Grandes frases! e sobre todo: "Hagas lo que hagas, ámalo"

    E o máis importante de todo GRAN BLOG! Miguel!
    Un bo sitio onde aprender e de onde sacar unha gran cultura. Grazas por MOEDAS PARA CARONTE!

    ResponderEliminar
  2. "Un film que che mostra a vida diante dos teus ollos, cos seus altos e baixos,...".
    Que de acordo estou contigo, Denís!
    É unha película das cousas que de verdade son importantes. É moi difícil non sentirse identificado con Totó (na nenez, na adolescencia e na idade adulta), ou non ter nostalxia dun Alfredo que saiba axudarnos coa súa luz, coma un faro, cando nos sentimos perdidos neste mar inmenso e imprevisible que é a vida.
    A escena final, con Totó nun cine, xa adulto e castigado pola vida, é memorable: pode haber unha homenaxe ao cine máis grande e sentida cá esa?
    Grazas, Denís. Pola peli, e polo comentario. Espero que aquí poidamos seguir compartindo outras moitas... moedas para o barqueiro.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...