Saltar ao contido principal

Publicidade Intelixente

Non hai nada como tirar da creatividade para sorprender, chegar aos demais, e facer algo difícil de esquecer. Polo menos para ti, que podes lembrarte das cousas...


Vino hoxe mesmo, e encantoume por varias razóns. Primeiro, porque non sabes que che van anunciar nada. Segundo, porque logran descolocarte e sacarte do teu papel. Terceiro, porque ninguén se pon pesado contigo, simplemente déixanche a súa mensaxe nunha pequena tarxeta de visita. Cuarto, porque esta tarxeta remite a unha web na que che ofrecen regalar.... memoria! (que ía ser, senón?). E quinto, porque logra que te vexas no lugar, aínda que só sexa por uns segundos, dunha persoa que padece alzheimer. Por certo, coñecedes o cómic "Arrugas"? Outro día, se vos apetece, falareivos del.

Comentarios

  1. Martinha17/5/11

    Eu vino fai uns días.. non estaba atendendendo á tele (como a maior parte das veces..) pero de repente quedeime mirando para isto porque logrou captar a miña atención!

    Por certo, moitas felicidades polo blog Miguel.. encántame Moedas para Caronte :)

    ResponderEliminar
  2. Impresiona moito.Eu sí lin "Arrugas",recoméndovolo a tod@s,ten razón o anuncio: o alzheimer non debe esquecerse.Vou visitar a páxina que anuncian,seguro que merece a pena.

    ResponderEliminar
  3. Unha vez, indo só no coche, cheguei a unha pequena aldea de montaña. As casas estaban moi xuntas e as rúas eran estreitas, e non lograba atopar unha saída. Vin a unha señora maior sentada nun banco de pedra, á porta do que parecía a súa casa. Baixei a ventá e pedinlle por favor se me podía indicar por onde saír. A señora achegouse, apoiouse despaciño no marco da ventá e pasoume a man pola cara. Nin se inmutou ante a miña sorpresa. Parecía ver algo máis. Sorriu docemente e preguntoume como estaba. Nunca a vira antes. Pero quedoume gravada a súa mirada: tiña a estraña felicidade do que non entende o significado das cousas.
    Grazas Marta! Grazas sm! Alégrame atoparvos aquí.

    ResponderEliminar
  4. Nerea 1º BAC1/6/11

    Encántoume o vídeo,nunca sabemos o que sinte unha persoa se non nos poñemos na súa pel!
    Eu tamén vou visitar a páxina web!

    ResponderEliminar
  5. Ola Nerea. Ata a publicidade pode ser creativa. Non hai nada como unha boa idea! Benvida!

    ResponderEliminar
  6. Rebeca8/6/18

    Este vídeo fíxome lembrar a sensación de angustia cando un reencóntrase cun amigo/a de hai tempo e esa persoa esquecérase de ti e teñes que intentar que se lembre.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...