Saltar ao contido principal

A heroicidade de non perder a ilusión


Acabo de vela, e... Como dicilo? Sabe a praia, a nocilla, a casettes, a Kit, a risas, a bicis BH, a bocata de mamá, a noites de verán, a sonos de neno sen presa por medrar. Héroes somos nós, cando fomos nenos. Unha peli fresca e entrañable, que detén o tempo para resituar as cousas que de verdade importan.

Héroes, de Pau Freixas, Premio do Público no Festival de Málaga de 2010
Trailer, cun Clic na imaxe. Máis, aquí.

Comentarios

  1. Vina hoxe e non teño palabras para describila en incrible :D

    P.D.:Chorei coma unha madalena

    ResponderEliminar
  2. Laura! (sorriso). Comparto esa sensación coa que quedaches. O poder da infancia supoño: esa caixiña na que caben os mellores recordos da nosa vida... eses que so olen a cousas boas, e aos que é preciso volver con certa frecuencia. Por saúde. Por lealdade.
    Alégrame que che gustara.

    ResponderEliminar
  3. Boas noticias.
    Peli gratis e completa en Youtube:
    https://www.youtube.com/watch?v=6vUnIPngrT0

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...