Saltar ao contido principal

As trincheiras, en Sendeiros de Gloria

Ano 1914, Europa. O mundo é un tableiro de Risk con todos os territorios repartidos. Despois de anos de feroz industrialización e de inhumano imperialismo sobre os continentes de Asia e África, o aumento da tensión entre as potencias é xa insoportable. E estoupa un conflito de dimensións ata entón descoñocidas. A I Guerra Mundial deixou máis de dez millóns de mortos, unha Europa devastada e imaxes para non esquecer nunca. Non sempre é posible imaxinalas, pero ás veces o cine axuda a logralo. 

Hai unha película que soubo amosar o monte de lama que eran as trincheiras, a noxenta falta de valor e honestidade dos mandos militares que nunca pisaron un campo de batalla, ou o drama terrible de loitar en nome de cousas que en nada melloran á humanidade... Esa película é, sen dúbida, "Senderos de Gloria", de Stanley Kubrick. Un filme que non admite palomitas... pero polo que non pasa o tempo. Como sucede co CINE con maiúsculas.

Déixovos de travelling polas trincheiras!

Comentarios

  1. Rebeca8/6/18

    Recordo ver moitas películas de guerras e series nas que, dependendo da época, os superiores acompañaban aos seus soldados. En "Juego de tronos" (Game of Thrones) os reis combatían ao carón do exército, e incluso o lideraban, e mesmo atopamos en "Troya". Non obstante, na Idade Contemporánea en tódalas guerras os líderes observámolos resgardados do frío ou baixo a sombra se fai calor a unha distancia segura do campo de batalla mentres os reclutados perden a vida deixando desoladas as súas familias.
    E despois, cando unha guerra aproxímase e todos advirten que haberán moitas mortes e que é posíbel que non consigan a victoria, eles miran o pobo coma se fose unha colonia de formigas e din cos seus sorrisos petulantes:
    -¿Qué máis darán unhas cantas vidas máis?Estarán encantados de servir ao seu país.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...