Saltar ao contido principal

Encoros que doen

Durante a ditadura, Galicia quedou anegada de encoros.
Medio século despois de fuxir das casas coa auga entrando polas portas,
 os veciños da desaparecida aldea de Alberguería seguen vivindo as consecuencias.


Unha triste e fermosa reportaxe de Pedro Prada, rodada en 2007, 
e que podes ver, íntegramente, AQUÍ.

Comentarios

  1. Os pelos de punta,un nudo no estómago,tristeza,decepción,tremendo.Un documental brillante.Os encoros,tremendo engano.
    En Huesca,hai un pobo: Jánovas,con historia parecida,diferencia:nunca se chegou a construir o encoro.Enlaces que falan sobre o tema.
    http://www.pueblos-espana.org/aragon/huesca/janovas/galeria-fotografica/
    http://www.pueblosabandonados.es/2009/07/la-historia-de-janovas.html
    Estiven en Jánovas,fai tres anos,pasei polas súas rúas,vacías de xente,vin as súas casas,derruidas,o colexio,coa pizarra aínda colgada na parede,sen nenos,triste,a igrexa,co seu altar,as súas pinturas.Un pobo deshabitado,triste,sin a súa xente por un encoro que nunca vai existir.Ogallá algún día os veciños de Alberguería,de Jánovas e de tantos outros pobos,recuperen o que e seu,recuperen a ledicia e o encanto do lugar que os viu nacer,medrar.Noraboa por tremendo blog,non deixas de sorprendernos Miguel,es un crack!

    ResponderEliminar
  2. INCRIBLES as fotos e os vídeos sobre Jánovas. Impactante a conclusión á que chegan os que alí viviron: "la gente no vale nada".
    Hai pouco tempo, levei á clase de Xeografía un recorte de prensa sobre a desfeita do río Xallas, en Ézaro, na Costa da Morte. O Xallas é o único río de Europa que desemboca en fervenza directamente no mar. E para premiar semellante atrevemento, seis embalses foron chantados neste río. Esta semana santa achegueime ata alí: o que vin, merece unha entrada propia.
    Así que, SM, a próxima entrada adicareina a este embalse, e vai para ti. Grazas!

    ResponderEliminar
  3. gústame moito o blog, pero o que mais me gustou foi o tema do embalse, a verdade e que me deixou
    un pouco triste, non me gustaría ter que pasar por eso. Quero animarte a que sigas compartindo con todos ese montón de cousas que atopas cada día e que me parecen moi interesantes. Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Nunca sabemos o inxusta que pode ser a vida, ata que nos toca vivir algo que te golpea, e xa non te solta. Desde fóra podemos comprendelo, criticalo ou darlle voz para que non caia no esquecemento. Pero nunca sentilo coma eles. Oxalá coñecer estas Historias, serviran para que non volveran repetirse.
    Grazas polos ánimos, mlp. Valen moito.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...