Onte foi o día en memoria do holocausto, e hoxe teño dúas cousas moi especiais para vós.
A primeira, que xa tiven ocasión de compartir e desfrutar na clase cos meus alumnos de Historia Contemporánea, é a incrible historia persoal de Francine. Ninguén no mundo podería contar mellor o que, con tan só 8 anos, tivo que vivir nun campo de concentración... e como un pequeno xesto que tivo alí, acabaría retornando á súa vida dunha forma absolutamente redonda, perfecta e inesperada. É un verdadeiro agasallo poder vela, escoitala e percibir toda a emoción que ela sente cando conta o que lle pasou.

Aquí está:
Tal día coma onte, liberouse o campo de concentración de Auschwitz, tal e como vos contaba aquí hai un par de anos da man de Primo Levi. É por iso que, cada 27 de Xaneiro, o mundo afánase en lembrar, dedicando textos, reportaxes ou minutos a non esquecer o horror que en Bergen-Belsen, en Mauthaussen, en Auschwitz ou noutros campos se viviu.
Pero ningunha experiencia é comparable á oportunidade de pisar por un mesmo un lugar así. Seino, porque eu tamén estiven nun campo de concentración nazi. E esta é precisamente a segunda cousa marabillosa que hoxe teño para compartir con vós: a posibilidade de pisar un campo; a posibilidade de entrar, recorrer e descubrir paso a paso todos os rincóns de Auschwitz. Sen avión, sen hoteles, sen gastos. A golpe de clic. A modo de impagable visita virtual...
Esa era a porta. E agora que a tedes diante...
Ousaríades atravesala?
Pois facédeo!
Non o perdades... non todos os días un pode recorrer un lugar como Auschwitz.
Simplemente facede clic aquí ou na imaxe inferior
e comezade a movervos e a descubrilo
Que grande historia a de Francine! Emocionoume! S.
ResponderEliminarBoísima. E que ben contada!
Eliminar