26/11/15

Violencia sutil

26/11/15

Onte foi o día escollido pola ONU para que o mundo clamase a unha soa voz contra a violencia machista. E si, é unha boa oportunidade para facer exactamente iso: responder, enfrontar, berrar un Non firme, contundente e enérxico contra ese tipo concreto de violencia. Pero obviamente, o problema vai requerir moito máis compromiso por parte de todos. Compromiso de verdade: dicir Non, rebelarse como se nolo fixeran a nós, e non mirar para outro lado cando nos toque vivir ou presenciar algo diso que onte a todos nos parecía tan intolerable.



Porque se non actuamos cando nos toca vivilo ou presencialo, daquela, o día de onte non servirá para nada máis que para compartir un hashtag, unha foto, ou unha frase feita no frío muro dunha rede social. E nese aspecto, no de implicarnos, creo que nos falta a todos un pouco máis de determinación, por exemplo increpando ao agresor, ou dirixíndonos á vítima para ofrecerlle a nosa axuda, ou se cadra usando o teléfono para avisar á policía. Porque é precisamente a impunidade, a ausencia dunha reacción áxil e contundente, un dos maiores aliados desta violencia.

E non esquezades que isto non vai só de asasinatos ou agresións físicas. Estas son só as formas máis evidentes e repulsivas. Pero non. A violencia de sexo non sucede só cando morre unha muller. Comeza moito antes, porque hai moitas outras sutiles formas de facer violencia machista.
E ti? Saberías recoñecelas?


Por último, non podo deixar pasar a oportunidade de compartir algún dos moi bos traballos que coñecín estes días sobre o tema. Este, de El País é un deles. Facede clic, e mirade, descubride, investigade. Porque a información é poder. 

http://elpais.com/especiales/2015/violencia-de-genero/

Recibe os contidos no teu correo

2 comentarios

  1. Falando todos sobre o tema nunha das clases de hoxe, xerouse moito interese cando mencionamos o contido deste experimento sociolóxico que viu a luz hai moi poucos días. Para os que vos quedastes con ganas de velo, aquí vos queda a ligazón. Espero que vos axude a sacar conclusións:
    https://www.youtube.com/watch?v=y6v5IVkIPvM

    ResponderEliminar
  2. Anónimo28/11/15

    Penso que hai unha pregunta que a gran maioría nos facemos: " ata cando?!!". Eu tamèn digo: NON A VIOLENCIA DE XÈNERO!!. Non a ningún tipo de violencia!! Bravo Miguel por sumarte e aportar esta moeda tan importante. Todos debemos axudar. S.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK