Seis minutos abondaron para deixar a todos avergoñados e inmóviles, sen poder reaccionar. O obxectivo da charla era explicar a vendedores algunhas das técnicas que a industria alimentaria usa para aumentar as súas vendas. Pero a medida que os minutos pasan, a actuación da conferenciante, implacable e cargada de sarcasmo, comeza a provocar no público (e tamén en nós) unha incomodidade cada vez maior. De que vai esta tía, parecen preguntarse algúns, co ben que estamos e o bo rollo que se respira aquí... Pero, ao mesmo tempo, todos precisan saber a onde quere chegar. Necesitas coñecer o final da historia.
Sobre todo porque desde o inicio se anuncia que se desvelerá o maior segredo da industria alimentaria para lograr funcionar coma un tiro.
Clic para ver
Non deixedes de velo. Porque ademais dun exemplo de oratoria, é sobre todo unha mostra certeira e impactante de como esta industria logra enganarnos, facéndonos crer nunha produción idílica, verde e coidadosa dos alimentos de procedencia animal...
Tiña razón aquel neno:
os animais son para coidar, non para comer.
os animais son para coidar, non para comer.
Penso que todo o mundo debera ver tamén o documental "Earthlings" (dispoñible en : http://earthlings.com/?page_id=32) , que , por certo, non é tampouco nada cómodo.
ResponderEliminarGrazas Marey. Sempre que sae este tema acórdome dun documental que vin... bueno, que intentei ver. Aos 45 segundos de empezar, non puiden seguir; decidín que non quería ver máis. Pero como revela o vídeo, ese é o problema máis importante de todos: que non queremos ver nin saber. Precisamente a única solución posible é que vexamos, que non miremos a outro lado, que nos responsabilicemos do salvaxe e intolerable masacre que estamos alentando. Así que verei este "Earthlings" e comparto tamén ese documental que menciono, por se alguén precisa pasar dos 45 segundos:
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=x0L-OOfVs_c&list=PL11E6EA914EF8197B&index=12
Cada día estou máis contenta e orgullosa de pasarme á dieta vexetariana! Non podemos ver para outro lado. Anímovos a que probedes, facede o cambio, vades sentirvos xenial. Porque coma di o neno... Os animais hai que coidalos, non comelos.
ResponderEliminar