Saltar ao contido principal

The cove, o documental incómodo

Tras a clase un alumno achegouse para preguntarme se vira "The Cove". E por recomendación súa (grazas Isaac!), acabo de vela. Con arcadas, pero tamén agradecido porque alguén se empeñase ata xogarse a vida en que o mundo coñeza a brutal aberración que nunha cidade de Xapón se está cometendo cos delfíns. Con miles de delfíns, todos os anos, un tras outro. Delfíns, nada menos. E vós tamén podedes velo, porque está en Youtube, afortunadamente.




Vinte e tres mil golfiños (23.000!) morren todos os anos en Taijin, Xapón. Unha vila na que estes animais aparecen por todas partes en forma de souvenir, coma nun parque temático, coma se toda a poboación vivise alí orgullosa e comprometida co coidado destes animais. Iso parece. Pero cando unha cámara entra na vila, de súpeto todo cambia. Aparecen as prohibicións, os berros, as miradas que matan, as ameazas, e os sitios aos que non se pode pasar. Tras aquela infantilización do golfiño hai algo aberrante, algo que loitan por manter agochado. Porque en Taijin, cada ano, os pescadores saen a interceptar as mandas de delfíns nun punto de paso natural. Con axuda de barcos, condúcenos a miles ata unha pequena cala (a cova á que alude o título) na que os deixan completamente pechados.

Fotos: Reuters - Adrian Mylne


Nos días seguintes tratan de vender a parques acuáticos de todo o mundo as femias máis novas, na crenza de que son os mellores exemplares para facer espectáculos acuáticos. E feita esta primeira selección, comezan a masacrar ao resto, uns 23.000 golfiños, convertendo unha manda de animais excepcionalmente fermosos, bos e intelixentes, nun cruel, noxento e despiadado baño de sangue. Para que? Para tratar de colocar despois a súa carne no mercado (a pesar do perigo que isto supón polos altísimos índices de mercurio), incluso tratando de colala coma se fose outra especie. Ou sexa, por uns cantos billetes enchoupados en sangue inocente.





Os autores de The Cove propuxéronse encher os arredores de cámaras e micros ocultos e filmalo todo en segredo, na convicción de que gravar e difundir o que alí sucede cada ano é a única esperanza que queda para globalizar o problema e rematar con esta masacre. Lograron dalo a coñecer... pero non máis de momento. Se non podemos parar algo tan sinxelo coma esto, que clase de problemas imos ser quen de resolver?

Foto: EFE/Sea Shephered

Sinto esta imaxe, pero é que ás veces as palabras non abondan para darse conta das dimensións dun problema.
Imaxe: Youtube, Keshav Saini
E sabedes que? Que segue pasando. Todos os anos. E tamén pasará neste flamante 2015 que estamos encetando. Porque pese a todos os premios recibidos no 2009 (incluído o Oscar a Mellor Película Documental), pese a toda a repercusión, pese a que cada vez somos máis os que coñecemos, cada ano segue a repetirse esta masacre de delfíns. Co beneplácito do Goberno de Xapón, da Unión Europea, da ONU e de todos, tanto gobernantes como gobernados. De aí o inmenso mérito dos autores de The Cove. Polo menos, eles si se mollaron. Eles si arriscaron. Eles si loitaron por unha causa digna
Aínda que só fose por honralos, ningún de nós deberiamos quedarnos na Cova. Teriamos que dar un paso adiante, ir máis aló, facer algo, por pequeno que sexa, por visibilizar o problema e axudar a meterlle man. Aínda que só sexa sumar unha sinatura. Porque aínda que ás veces parezan imposibles, os obxectivos lógranse camiñando cara eles.

Comentarios

  1. Quedan 56 días...
    http://www.takepart.com/cove

    ResponderEliminar
  2. Vitoria3/1/15

    Repugnante.
    Celebramos o Ano do Delfín, nombrámolos "persoas non humanas", emociónanos que teñan comportamentos altruistas...PERO SEGUÍMOLOS MASAGRANDO SEN COMPASIÓN. Así nos vai...
    http://elpais.com/.../01/02/opinion/1420212986_167832.html

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. "En un programa de radio sobre la inmigración, enlutado por la estela trágica de los naufragios, de repente saltó un relato que puso en vilo las ondas. Una historia real. Los supervivientes de una patera con rumbo perdido contaron que una bandada de delfines rodeó la embarcación y los condujo salvos hasta el barco de Cruz Roja. Humanos rescatados por personas no humanas".

      Eliminar
  3. HORRIBLE. Por qué?!! Por qué suceden estas barbaridades? Por qué o permiten? Qué noxo! Eu xa firmei a petición, ogallá se consiga deter esta atrocidade! Ogallá pudiera facer algo máis para axudar. Non pueden nin quero ver o documental, xa me bastou coa entrada para ter ganas de vomitar, pero sei que o fixeron para dar a coñecer un problema que se ten que solucionar xa! E grazas a esta entrada aportei o meu pequeno grao de area firmando a petición para axudar os delfíns que non sabía desta posibilidade. GRAZAS Miguel. Ogallá entre todos o consigamos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!